Cefiso (mitoloxía)
Cefiso, na mitoloxía grega, é a personificación do río Cefiso. Foi fillo de Océano e a titánide Tetis.
É coñecido por ser o pai de Narciso, enxendrado coa ninfa Liríope, á que Cefiso violou despois de atrapala entre as súas ondas. Narciso foi aquel que se namorou do seu reflexo nas augas.
"... a azulada Liríope; a esta o Cefiso envolveuna un día coa súa sinuosa corrente e, cativa nas súas augas, violouna. Do seu avultado ventre, a belísima ninfa pareu un meniño que xa entón pudera haber sido amado, e chamouno Narciso".(Ovidio: Metamorfosis III, 342-346)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Hixino (2009). Fábulas mitológicas. Alianza Editorial. ISBN 9788420650722. (en castelán)
- Ovidio (2015 (reimpr. 2017)). Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial. ISBN 9788420697208. (en castelán)