Adrian Hardy Haworth

Adrian Hardy Haworth, nado o 19 de abril de 1767 en Kingston upon Hull (ou Hull), Yorkshire, Inglaterra (Reino Unido), e finado o 24 de agosto de 1833 en Chelsea (Londres), foi un entomólogo, carcinólogo e botánico inglés.

Modelo:BiografíaAdrian Hardy Haworth

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de abril de 1767 Editar o valor en Wikidata
Kingston upon Hull (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte24 de agosto de 1833 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Chelsea, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecólera Editar o valor en Wikidata
ResidenciaInglaterra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica e entomoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbotánico, lepidopterólogo, carcinólogo Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaHaw. Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeEliza Sidney Cumbrey (1792–) Editar o valor en Wikidata
FillosBenjamin Haworth Editar o valor en Wikidata
PaisBenjamin Haworth Editar o valor en Wikidata  e Anne Booth Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of National Biography, 1885–1900 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Foi educado por titores que o encamiñaron cara ao dereito, pero Haworth amosou pouco interese pola profesión e, despois de herdar a facenda dos seus pais, dedicou todo o seu tempo á historia natural.

En 1792 estableceuse en Chelsea, onde coñeceu ao naturalista William Jones (1750–1818), que chegaría a exercer unha grande influencia sobre el.

En 1798 foi elixido membro da Sociedade Linneana de Londres. No seu traballo de investigación contou coa axuda do uso da biblioteca e o herbario do seu amigo Sir Joseph Banks (1743–1820), e coas visitas regulares aos Royal Botanic Gardens de Kew.

Como entomólogo, foi o autor de Lepidoptera Britannica (1803–1828), a obra máis autorizada en bolboretas e avelaíñas británicas até a aparición do Manual de Henry Tibbats Stainton en 1857.

Tamén era carcinolólogo especializado en camaróns. É o autor de varios taxa, incluíndo:

e describiu e nomeou 22 novos xéneros de avelaíñas.[1]

En 1812 escribiu o primeiro artigo do Volume 1 de ''Transactions of the Entomological Society of London, unha revisión dos traballos previos sobre insectos británicos.

En 1833, prestou apoio á fundación da que se convertería na Royal Entomological Society of London.

Obras principais

editar

Epónimos

editar
 
Celaena haworthii.
  • O xénero de plantas Haworthia Duval, da familia das Asphodelaceae está dedicado a Adrian Hardy Haworth.[2]
  • O entomólogo británico John Curtis denominou en 1829 unha bolboreta da familia dos Noctuidae como Celaena haworthii na honra de Adrian Hardy Haworth.

Abreviaturas

editar
  • A abreviatura Haw. emprégase en botánica para recoñecer a Adrian Hardy Haworth como autoridade na descrición e taxonomía das plantas.[3]
  • A abreviatura Haworth emprégase en zooloxía para recoñecer a Adrian Hardy Haworth como autoridade na descrición e taxonomía dos animais.
  1. Natural History Museum, London
  2. Brummitt, R. K. & C. E. Powell(1992): Authors of Plant Names. Royal Botanic Gardens, Kew. ISBN 84246-085-4.
  3. Brummitt, R. K.; C. E. Powell (1992). Authors of Plant Names. Royal Botanic Gardens, Kew. ISBN 1-84246-085-4. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  • Google Books Artigos de Howarth en Transactions of the Entomological Society of London Volume 1. (en inglés)