Museo das Finanzas dos Estados Unidos

museo financeiro en Nova York

O Museo das Finanzas dos Estados Unidos (en inglés: Museum of American Finance) é o único museo independente dos Estados Unidos dedicado á preservación, a exposición e a educación acerca das finanzas estadounidenses e a historia financeira. Está situado no distrito financeiro de Manhattan, na cidade de Nova York, e é unha das institucións asociadas ao Instituto Smithsoniano.[1][2]

Museo das Finanzas dos
Estados Unidos
Museum of American Finance
Edificio do
Museo das Finanzas dos EEUU


Coordenadas40°42′23″N 74°00′33″O / 40.7064, -74.0092
PaísEstados Unidos de América
CidadeManhattan
Inauguración1988
Na rede
http://www.moaf.org
Facebook: FinanceMuseum Twitter: financemuseum Instagram: financemuseum LinkedIn: 132127 Youtube: UC7vwZMcburK8pq0gQlh-xsg Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

En 1987, John E. Herzog, naquel momento director executivo de Herzog Heine Geduld, Inc., tomou a iniciativa de fundar o museo en resposta á caída do mercado de valores ocorrida aquel ano e proporcionoulle a maior parte do impulso intelectual ao proxecto;[3] posteriormente foi nomeado presidente e administrador emérito.[4]

A constitución formal do museo produciuse en 1988, inicialmente coa denominación de Museo da Historia Financeira dos Estados Unidos (Museum of American Financial History), e en 2005 actualizou o seu nome a Museo das Finanzas dos Estados Unidos (Museum of American Finance). Ata decembro de 2006 estaba situado no número 26 de Broadway e o 11 de xaneiro de 2008 o museo abriu unha nova sede no número 48 de Wall Street, na antiga sede do Bank of New York.[5][6][7] En 2018, as instalacións sufriron unha inundación e en 2020 continúase na procura dunha sede definitiva.[8]

O seu presidente é David J. Cowen.[9]

Educación financeira

editar
 
Sala Hamilton do Museo das Finanzas dos EEUU

En 2010, o museo inaugurou o seu Centro para a Educación Financeira, que ofrece programas de ensino para estudantes desde a idade de educación infantil ata cursos de posgrao. En 2011 creouse a Academia do Museo das Finanzas (Museum Finance Academy –MFA–), baseada nun programa de oito semanas como complemento da actividade escolar para estudantes de ensino secundario e tamén para persoas adultas.[10] Entre 2011 e 2013, o museo asociouse coa organización non gobernamental Junior Achievement para ofrecer o programa infantil Finance Park.[11]

Coleccións e exposicións

editar
 
Galería principal do Museo das Finanzas dos EEUU

Como parte da súa misión de documentar a historia financeira dos EEUU, o museo compila activamente documentos e obxectos relacionados cos mercados financeiros, co diñeiro e coa banca. A súa colección abrangue máis de 10.000 accións, bonos, gravados, fotografías, moedas, billetes de banco, cheques e libros.

 
Galería numismática do Museo das Finanzas dos EEUU

As exposicións permanentes céntranse nos mercados financeiros, no diñeiro, na banca e no espírito empresarial, e na figura de Alexander Hamilton (1755-1804), un dos pais fundadores dos EEUU. Entre as exposicións temporais máis recentes pódense salientar Alexander Hamilton: Lineage and Legacy (abril a decembro de 2011);[12] America In Circulation: A History of US Currency Featuring the Collection of Mark R. Shenkman (abril de 2015 - xaneiro de 2018);[13] For the love of money: blacks on US currency (abril de 2017 - xaneiro de 2018)[14] ou Pandemics and Epidemics: Financial and Economic Effects (primavera de 2020).[15]

 
Galería tecnolóxica do Museo das Finanzas dos EEUU

A exposición Alexander Hamilton: Indispensable Founder and Visionary foi inaugurada en outubro de 2014 na sala Hamilton do museo polo exsecretario do Tesouro, Timothy Geithner. Os comisarios da exposición foron John Herzog, un dos fundadores do Museo das Finanzas dos EEUU, e Mariana Oller, presidenta da Alexander Hamilton Awareness Society.Con esta exposición conmemorouse o 225 aniversario do nomeamento de Alexander Hamilton como primeiro secretario do Tesouro.[16]

As coleccións non se viron danadas pola inundación que obrigou a pechar o museo en Wall Street en 2018.[17]

Programas e eventos

editar

Nas series de conferencias e nos simposios sobre historia financeira organizados polo museo participan oradores prominentes do ámbito financeiro. Entre eles pódense destacar figuras como John Bogle, Sallie Krawcheck,[18] David Walker, Abby Joseph Cohen, Henry Kaufman, Niall Ferguson ou Neil Barofsky.[19]

Outras das actividades periódicas habituais son as denominadas Lunch and Learn Series, consistentes en xantares nos que se fan presentacións, charlas, proxeccións de películas e outros actos.[20]

Desde 2012, o Museum of American Finance mantén un convenio coa Alexander Hamilton Awareness Society para a celebración de varios eventos anuais, en xullo e en xaneiro, denominados CelebrateHAMILTON e Happy Birthday Hamilton!, para lembrar a a figura de Alexander Hamilton.[21] [22][23]

Premio Whitehead

editar

A gala anual do museo rende homenaxe a unha persoa a título individual co Premio Whitehead ao "servizo público distinguido e ao liderado financeiro", que leva o nome do subsecretario de Estado e presidente de Goldman Sachs, John C. Whitehead. Entre os galardoados destacan Paul Volcker,[24] Pete Peterson,[25] William Donaldson,[26] Felix Rohatyn[27] e William Harrison, Jr.[28]

Publicacións

editar

O museo tamén publica trimestralmente a revista Financial History, distribuída por todo o territorio dos EEUU e outros 20 países. Nela publícanse artigos acerca de acontecementos e personaxes de relevancia histórica e sobre outros temas relacionados co mundo das finanzas.[29]

Ademais, tamén publica libros e catálogos das exposicións temporais que organiza.[30]

  1. "About the Museum". Museum of American Finance.
  2. "Affiliate Profile: Museum of American Finance". Smithsonian Affiliations. Smithsonian.
  3. "In a Museum, Market Artifacts and Lots of Perspective". En The New York Times. 25 de outubro de 1998.
  4. "Museum of American Finance Founder John E. Herzog Retires From Board". Museum of American Finance. 18 de maio de 2012.
  5. "History". Museum of American Finance.
  6. "Museum of American Finance Moving to Wall Street; 30,000 sq. ft. Museum will be Financial District Visitors Center". BusinessWire.com
  7. Rothstein, E. "Where the Capitalism Is (Always on Display)". En The New York Times. 2 de febreiro de 200 8.
  8. "Museum of American Finance Terminates Lease at 48 Wall Street Following Flood". Museum of American Finance. 4 de decembro de 2018.
  9. "People". Museum of American Finance.
  10. "Museum Finance Academy". Museum of American Finance.
  11. "Capital One/Junior Achievement Finance Park Finds a New Home at the Museum of American Finance". Museum of American Finance. 7 de decembro de 2010.
  12. "Alexander Hamilton: Lineage and Legacy". Museum of American Finance.
  13. "A History of US Currency Featuring...". Museum of American Finance.
  14. "For the Love of Money". Museum of American Finance.
  15. "Pandemics and Epidemics...". Museum of American Finances.
  16. "On Exhibition. 'Alexander Hamilton: Indispensable Founder and Visionary' Arquivado 10 de marzo de 2016 en Wayback Machine.". The Alexander Hamilton Awareness Society.
  17. "Museum of American Finance Collections Remain Unharmed as Building Suffers Major Flood". Museum of American Finance.
  18. Sellers, P. (2009). "Sallie Krawcheck: the big job she didn’t take". En Fortune. 9 de outubro.
  19. Browdie, B. (2012). "Big Banks' Hold on Regulators Must Be Broken: Barofsky". En American Banker. 26 de outubro.
  20. "Our programs: Lunch and Learn". Guidestar.org
  21. "Rand Scholet on "The Essence of Alexander Hamilton's Greatness"". Museum of American Finance. 12 de xullo de 2012.
  22. "Hamilton vs. Jefferson Debate Featuring William G. Chrystal". Museum of American Finance. 11 de xullo de 2013.
  23. "Alexander Hamilton Birthday Event". Museum of American Finance.
  24. "UPDATE 2-Obama adviser Volcker: this crisis is different". En Reuters. 13 de xaneiro de 2009.
  25. Cole, P. (2011). "Blackstone’s Peterson Warns About U.S. Debt After Winning Award". En Bloomberg. 11 de xaneiro.
  26. "Obama Adviser Donaldson to Receive John Whitehead Award at Gala". Museum of American Finance. 11 de xaneiro de 2010.
  27. Gordon, A. (2012). "Scene Last Night: Rohatyn, Whitehead, Martin Lipton". En Bloomberg. 24 de xaneiro.
  28. Alden, W. (2013). "Wall Street's Elite, Including Ina Drew, Honors JPMorgan's Former Leader". En DealBook. The New York Times. 9 de xaneiro.
  29. "Financial History Magazine". Museum of American Finance.
  30. "Books and Catalogs". Museum of American Finance.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar