Mull of Kintyre

 

Mull of Kintyre
{{{PAGENAME}}}
Península de Kintyre resaltada. O Mull of Kintyre está no extremo sur.
Latitude55
Lonxitude5
Localización administrativa
LocalizaciónPenínsula de Kintyre
Altitudem

The Mull of Kintyre (en gaélico Maol Chinn Tire [mɯːl̪ˠ çiɲˈtʲʰiːɾʲə] ) é o extremo sur da península de Kintyre, ao suroeste de Escocia. O seu nome é unha anglicización do orixinal goidélico Maol Ceanntìre. Na zona hai un faro histórico, e a súa fama estendeuse enormemente desde que en 1977 o ex Beatle Paul McCartney coa súa banda Wings lle dedicou unha canción homónima na súa honra.[1]

XeografíaEditar

O Mull de Kintyre está situado no extremo sur da península do mesmo nome, polo que é un importante punto de paso e vixilancia. Esta península está entre o mar das Hébridas e o Firth of Clyde. Desde este promontorio pódese ver tanto Ailsa Craig como a costa norte de Irlanda.

O estreito de Moyle, que forma parte da Canle do Norte, permite navegar desde o mar de Irlanda até o océano Atlántico. No seu punto máis próximo, Irlanda está a só 20 km a través do estreito, sendo a distancia máis curta entre a illa de Irlanda e Gran Bretaña.

Os bordos empinados e elevados da costa de Kintyre fan que sexa un perigo para a aviación, especialmente para os avións pequenos. Na beira do Mull pódense ver os restos de varios avións estrelados durante a Segunda guerra mundial.

HistoriaEditar

O Mull, pola súa situación estratéxica, foi unha importante ponte de conexión ao longo da historia. Crese que xa era usado polos primeiros europeos que cruzaron a Irlanda. En tempos máis próximos, foi utilizado polos escotos cando viaxaban desde Irlanda para establecer o reino de Dalriada na zona da actual Dál Riata.

FaroEditar

O faro de Mull of Kintyre foi o segundo construído por orde do Northern Lighthouse Board. Foi deseñado e construído polo enxeñeiro Thomas Smith, e foi rematado en 1788. Este faro tivo que ser reconstruído na década de 1820, pasou a ser eléctrico en 1976 e automatizouse en 1996 . A antiga casa do faro é hoxe un lugar turístico dirixido polo National Trust for Scotland .

O termo mullEditar

O nome Mull provén do Goidelic Maol, e designa un outeiro redondo, un cumio ou unha montaña sen árbores (figurativamente tamén se usaba para referirse a unha testa ou unha calva). Como adxectivo, a palabra designa algo que está espido. En Escocia úsase máis habitualmente no suroeste do país, onde se emprega para referirse a golfos ou promontorios e, máis concretamente, ao final dunha península. Ademais de Kintyre, hai outros mulls en Escocia, como o Mull of Galloway, o Mull of Oa (en Islay), o Mull of Cara (no sur da illa de Cara), o Mull of Logan (nos Rhins de Galloway ) ou Mull Head en Orkney (Orcadas).

O nome da illa de Mull, nas Hébridas Interiores, parece ter unha derivación pregaélica diferente.

NotasEditar

  1. Express, Britain. "Mull of Kintyre, Visiting and Photos". Britain Express (en inglés). Consultado o 2022-07-20. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar