Muggsy Bogues
Tyrone Curtis "Muggsy" Bogues, nado en Baltimore (Maryland) o 9 de xaneiro de 1965, é un xogador retirado de baloncesto estadounidense que xogou na NBA, e tamén foi adestrador da agora desaparecida franquía da WNBA Charlotte Sting.
(2012) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 9 de xaneiro de 1965 (59 anos) Baltimore, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Paul Laurence Dunbar High School (en) Universidade Wake Forest (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 160 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 62 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, adestrador de baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1987 - 2001 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Washington Wizards | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1986 | Campionato mundial de baloncesto de 1986 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Obra | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Obras destacables
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sitio web | muggsybogues.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Xogou en catro equipos diferentes durante as súas catorce tempadas na NBA, mais xeralmente recórdaselle pola súa etapa cos Charlotte Hornets (hoxe en día en Nova Orleáns). Con 1,59 m de altura e 62 kg de peso, é o xogador máis baixo de toda a historia da NBA. Os seus equipos foron Washington Bullets, Charlotte Hornets, Golden State Warriors e Toronto Raptors. Tamén formou parte dos cadros de xogadores do New York Knicks e do Dallas Mavericks, mais nunca chegou a debutar con eses equipos.
Carreira
editarInstituto e universidade
editarBogues xogou no instituto Dunbar da cidade de Baltimore, onde foi compañeiro de equipo doutros futuros xogadores da NBA coma David Wingate (promoción anterior á súa), Reggie Williams e Reggie Lewis (ambos do seu mesmo ano). Logo xogou durante catro anos na universidade de Wake Forest University de Carolina do Norte, cunha media de 11,3 puntos, 8,4 asistencias e 3,1 roubos por partido no seu terceiro ano. Durante o seguinte ano, os seus números melloraron ata 14,8 puntos, 9,5 asistencias e 3,9 roubos por partido. Tamén conseguiu capturar 3,8 rebotes por partido, algo meritorio tendo en conta que esa é unha estatística normalmente dominada por xogadores máis altos.
NBA
editarBogues foi elixido na posición duodécima do draft de 1987 polos Washington Bullets. Foi membro dunha xeración de moito talento á que pertenceron xogadores do nivel de David Robinson, Reggie Miller, Scottie Pippen ou Kevin Johnson. Na súa primeira tempada na NBA, Bogues foi compañeiro de equipo do sudanés Manute Bol (2,31 m), daquelas o xogador máis alto da historia da NBA (máis tarde sería desbancado por Gheorghe Muresan). Xuntos foron protagonistas de portadas de revistas.
Charlotte Hornets
editarDurante a tempada 1988-1989 estaba prevista a entrada na NBA de dúas novas franquías, Miami Heat e Charlotte Hornets. Cando se incorporan novos equipos á NBA, todos e cada un dos equipos xa existentes deben "protexer" oito dos seus xogadores; os novos equipos elaboran o seu cadro de xogadores elixindo entre os xogadores que non foran protexidos polo resto dos equipos, no que se chama un draft de expansión. Aínda que non tiñan demasiado cuberta a posición de base, os Bullets non protexeron a Bogues e durante o draft de expansión que tivo lugar o 22 de xuño de 1988 foi elixido polos Hornets. En Charlotte, Muggsy Bogues consagrouse coma un excepcional pasador e un gran ladrón de balóns.
O seu pequeno tamaño converteuse nunha vantaxe posto que lle axudou a ser un dos xogadores máis áxiles e rápidos sobre a cancha. A iso sumaba ser un dos xogadores con maior altura en cada salto que facía, o seu salto era de 1 metro e 5 centímetros de media. Por exemplo, en 1993, Bogues conseguiu poñerlle un tapón ao pivote Patrick Ewing (2,13 m).
Bogues estableceu os seguintes récords na franquía dos Hornets:
- Maior número total de minutos xogados (19.768), asistencias (5.557), roubos (1.067) e perdas de balón (1.118).
- Media máis alta de asistencias por partido (8,7927).
- Media máis alta de asistencias por 48 minutos (13,4933).
Bogues pasou dez anos en Charlotte nos que os Hornets, liderados por Alonzo Mourning e Larry Johnson, convertéronse nun dos equipos máis populares da NBA e nun eterno aspirante nos playoffs. Bogues foi un dos xogadores máis populares da historia dos Hornets, aínda que xamais conseguiu unha media de máis de 11,2 puntos nunha tempada.
Últimos anos
editarApenas dous partidos logo de comezar a tempada 1997-1998, a andaina de Bogues nos Hornets rematou ao formar parte dun traspaso que o mandou xunto con Tony Delk aos Golden State Warriors en troques de B.J. Armstrong. Bogues xogou dúas tempadas cos Warriors, para logo firmar coma axente libre (sen ningún contrato en vigor) polos Toronto Raptors, onde remataría a súa carreira. Aínda que logo foi traspasado aos New York Knicks e aos Dallas Mavericks, non xogou nin un só partido con ningún deles.
Logo da NBA
editarTras deixar o baloncesto profesional traballou no negocio inmobiliario ata o 3 de agosto de 2005, cando foi nomeado adestrador das Charlote Sting da WNBA a pesar da súa falta de experiencia coma adestrador. Perdeu o seu traballo cando o equipo se desfixo en xaneiro de 2007.
Bogues na cultura popular
editar- Bogues fixo unha aparición interpretándose a si mesmo na sitcom da televisión americana Curb Your Enthusiasm. Na escena na que actúa, coincide nun urinario con dous protagonistas da serie (interpretados polos actores Larry David e Richard Lewis) e case ten unha pelexa cun deles ao sorprendelo mirándolle o pene.
- En 1996 Bogues fixo unha aparición nos últimos minutos da comedia Eddie, no que o personaxe de Whoopi Goldberg liga con el. Posteriormente, Bogues apoia ao personaxe de Goldberg no seu intento por impedir que "Wild" Bill (propietario ficticio dos New York Knicks na película) traslade o equipo a outra cidade.
- En 1996 Bogues apareceu na película Space Jam, coma un dos cinco xogadores da NBA cuxas habilidades para o baloncesto son roubadas por uns malvados extraterrestres. Os outros catro son Charles Barkley, Shawn Bradley, Larry Johnson e Patrick Ewing. A película ten a Michael Jordan como protagonista.