Montserrat Abelló
Montserrat Abelló i Soler, nada en Tarragona o 1 de febreiro de 1918 e finada en Barcelona o 9 de setembro de 2014,[1][2] foi unha poeta e tradutora catalá. Traduciu poetas anglosaxoas como Sylvia Plath.[3] Obtivo algún dos galardóns máis relevantes das letras catalás como o Premio de Honra das Letras Catalás e o Premio Nacional de Cultura.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Montserrat Abelló i Soler 1 de febreiro de 1918 Tarragona, España |
Morte | 9 de setembro de 2014 (96 anos) Barcelona, España |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, escritora, tradutora |
Período de actividade | 1963 - |
Xénero artístico | Poesía |
Familia | |
Cónxuxe | Joan Bofill i Tauler |
Fillos | Miquel Bofill i Abelló |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Nou diccionari de la literatura catalana |
Biografía
editarNaceu en Tarragona mais pasou a infancia e a mocidade entre varios lugares (Tarragona, Cádiz, Londres e Cartaxena), seguindo a mobilidade laboral do seu pai. Estudou en Barcelona, en cuxa facultade de Filosofía e Letras coñeceu a Carles Riba. En 1936 foi profesora de inglés en Valencia e o movemento na súa vida aumentou despois de 1939, cando tivo que se exiliar a Francia, ao Reino Unido (onde levou a termo tarefas de axuda aos refuxiados) e a Chile, onde traballou na empresa de seu pai en Valparaíso e, posteriormente, como profesora de inglés na Escola Suíza de Santiago de Chile.[4] Neste país suramericano viviu unha vintena de anos.
Volveu a Barcelona en 1960, onde traballou como ensinante na Institució Cultural del CIC de Barcelona ata a xubilación.[4] Ademais de escribir, nestes anos traduciu autores como Agatha Christie, Iris Murdoch, E. M. Forster e, sobre todo, Sylvia Plath, de cuxa poesía a sorprendeu a semellanza coa súa propia. Comezou a publicar tamén por aqueles anos. Traduciu ao inglés as obras de clásicos cataláns como Salvador Espriu, Mercè Rodoreda, Maria Àngels Anglada, Maria Mercè Marçal e Olga Xirinacs. A súa obra foi traducida ao inglés, ao castelán, ao galego, ao éuscaro, ao italiano, ao romanés, ao alemán e mais ao ruso.[5] É coautora da antoloxía Paisatge emergent: trenta poetes catalanes del segle XX (1999). Participou nos libros de ensaio Cartografies del desig (Cartografías do desexo) (1998) e Memòria de l'aigua (Memoria da auga) (1999).[5]
Autora dunha longa traxectoria de compromiso co feminismo literario, colaborou na IV Feira Internacional do Libro Feminista en 1990, no Congreso do PEN Clube Internacional 1992 e foi unha das fundadoras do Comité de Escritoras do Centro Catalán do PEN en 1995.[5]
En 1998 concedéuselle a Premio Creu de Sant Jordi e en 2008 recibiu o Premio de Honra das Letras Catalás en recoñecemento á súa longa traxectoria.[6] En xullo do 2008 tamén foi galardoada co Premi Nacional a la Trajectòria Professional i Artística concedido pola Generalitat de Cataluña en recoñecemento ao feito de «que deu voz á vida diaria das mulleres cuha linguaxe propia».[7]
Obra
editarPoesía
editar- Vida diària (1963)
- Vida diària. Paraules no dites (1963)
- El blat del temps (1986)
- Foc a les mans (1990)
- L'arrel de l'aigua (1995)
- Són màscares que m'emprovo... (1995)
- Dins l'esfera del temps (1998)
- Al cor de les paraules. Obra poètica 1963-2002 (2002)
- Asseguda escrivint (2004)
- Memòria de tu i de mi (2006)
- El fred íntim del silenci (2009)
Estudos literarios
editarGalardóns
editar- Premio Creu de Sant Jordi 1998
- Premio Crítica Serra d'Or de poesía por Dins l'esfera del temps 1999
- Premio Cavall Verd-Josep M. Llompart de poesía por Al cor de les paraules. Obra poètica 1963-2002 2003
- Lletra d'Or 2003 por Al cor de les paraules. Obra poètica 1963-2002
- Premi Cavall Verd-Rafael Jaume de tradución poética 2007 por Sóc vertical, Obra poètica 1960-1963, de Sylvia Plath
- Premio Jaume Fuster 2008 dos escritores en lingua catalá AELC
- Premio de Honra das Letras Catalás 2008
- Premio Nacional á Traxectoria Profesional e Artística 2008
Referencias
editar- ↑ ara.cat, ed. (09/09/2014). "Mor als 96 anys la poeta Montserrat Abelló". Consultado o 9 setembre 2014.
- ↑ 324.cat (ed.). "Mor la poetessa Montserrat Abelló als 96 anys". Consultado o 9 setembre 2014.
- ↑ Generalitat de Catalunya (ed.). "Dones-Poetes". Consultado o 21 outubro 2013.
- ↑ 4,0 4,1 «Montserrat Abelló i Soler». L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. (en catalán)
- ↑ 5,0 5,1 5,2 «Montserrat Abelló i Soler» no Qui és Qui de les Lletres Catalanes. (en catalán)
- ↑ www.e-noticies.cat (ed.). "Premi d'Honor als 90 anys". Consultado o 18-06-2008.
- ↑ "Montserrat Abelló i Moisès Broggi, Premis Nacionals a la Trajectòria Professional i Artística". VilaWeb. 21 de xullo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2016. Consultado o 12 de setembro de 2014.(en catalán)
Ligazóns externas
editar- «Montserrat Abelló i Soler». Associació d'Escriptors en Llengua Catalana (AELC) (en catalán, castelán e inglés)
- Montserrat Abelló i Soler a LletrA (en catalán, castelán e inglés)
- Montserrat Abelló a VISAT(en catalán e inglés)
- Montserrat Abelló [podcast]. TV3 a la carta. Programa S(avis). Entrevista realizada por Sílvia Cóppulo no Ateneu barcelonès (14 de decembro de 2009). [Consulta: 17 de setembro de 2014] (en catalán).