Mons Maenalus
A Mons Maenalus (latín para Monte Mainalo) foi o nome dunha constelación creada por Johannes Hevelius no século XVII, tal como publicou na súa obra Firmamentum Sobiescianum.
Características
editarEsta constelación, sita entre Boötes e Virgo, e xeralmente considerada parte da primeira, simboliza o monte do mesmo nome que se atopaba na rexión de Arcadia en Grecia, onde se supón que estaba parado Boötes (o pastor). Na actualidade está obsoleta, sendo a súa estrela máis brillante 31 Bootis, unha xigante do tipo G de magnitude aparente 4,86.
O monte tomou o seu nome da mitoloxía grega. Algúns din que Maenalus foi o fillo máis vello de Licaón, rei de Arcadia, o que fixo de Maenalus irmán de Calisto e, polo tanto, tío do seu fillo Arcas, a quen segundo algunhas interpretacións representa a constelación de Boötes. Outros, no entanto, afirman que foi en realidade o fillo de Arcas e, polo tanto, o neto de Calisto. De calquera xeito, Maenalus deulle o seu nome ó monte e en Arcadia á cidade de Maenalon, cidade fundada polo mesmo Maenalus. O nome moderno do monte Maenalus é Mainalos.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Constelaciones obsoletas. Arquivado 13 de outubro de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)
- Mons Maenalus. (en inglés)
Constelacións obsoletas incluíndo Argo Navis de Ptolomeo |
Anser | Antinoo | Argo Navis | Asterion | Cancer Minor | Cerberus | Chara | Custos Messium | Felis | Frederici Honores/Gloria Frederici | Gallus | Globus Aerostaticus | Jordanus | Lochium Funis | Machina Electrica | Malus | Mons Maenalus | Musca Borealis | Noctua | Officina Typographica | Polophylax | Psalterium Georgii/Harpa Georgii | Quadrans Muralis | Ramus Pomifer | Robur Carolinum | Sceptrum Brandenburgicum | Sceptrum et Manus Iustitiae | Solarium | Tarandus vel Rangifer | Taurus Poniatovii | Telescopium Herschelii | Testudo | Tigris | Triangulum Minor | Turdus Solitarius | Vultur |