Abrir o menú principal
Mapa da constelación obsoleta Quadrans Muralis

Quadrans Muralis, o cuadrante mural, foi unha constelación creada por Joseph Lalande no 1795 a partir de estrelas ó norte de Boötes. A estrela principal era a variable CL Draconis, de magnitude aparente 4,95. A constelación representa un cuadrante, un antigo instrumento astronómico que era usado, xunto co octante e o sextante, para observa-la posición das estrelas.

Aínda que a constelación xa non é recoñecida polos astrónomos, deulle o seu nome á choiva anual de meteoros coñecida coma Quadrántidas ou Cuadrántidas, que irradia dende esta zona cada mes de xaneiro.

Ligazóns externasEditar