Abrir o menú principal

Noctua é unha constelación creada (ou mellor dito rebautizada) polo astrónomo inglés afeccionado Alexander Jamieson no seu Celestial Atlas do 1822, Noctua fora creada no 1776 con nome de Turdus Solitarius polo astrónomo Pierre Charles Le Monnier. Esta representaba un tordo ou un merlo solitario. Atopábase ó final da cola de Hydra (a serpe mariña) xusto debaixo de Libra. Actualmente non ten recoñecemento oficial e ás súas estrelas están de novo repartidas entre Hidra e Libra.

Le Monnier dixo que introducira a constelación en memoria da viaxe á illa de Rodrigues, no Océano Índico, por outro francés, Alexandre-Guy Pingré, quen observou o tránsito de Venus dende alí no 1761. Porén, nunca explicou porque escolleu esta ave.

O científico británico Thomas Young rebautizou co nome de Mocking Bird a constelación Turdus Solitarius no seu mapa de 1806, anos máis tarde (coma xa comentaramos) o astrónomo inglés afeccionado Alexander Jamieson cambiouno por Noctua. Jamieson comentara que era raro que ningunha destas aves estivesen entre as constelacións "tendo en conta a frecuencia con que se atopa tallada en tódolos monumentos de Exipto".

Véxase taménEditar