Abrir o menú principal

Sceptrum Brandenburgicum

Sceptrum Brandenburgicum e Harpa Geogii.

Sceptrum Brandenburgicum, o cetro de Brandeburgo, é unha antiga constelación creada polo astrónomo alemán Gottfried Kirch con estrelas que se atopan entre Eridanus e Lepus no 1688 para honra-la provincia prusiana de Brandeburgo e a súa familia real (de aí o nome da constelación). Moi poucos astrónomos incluíron esta constelación nos seus atlas celestes, dos cales cabe destacar ó tamén alemán Johann Elert Bode e ó astrónomo norteamericano Elijah Burritt. A partir de mediados do século XVII deixouse de usar.

As súas estrelas pertencen na actualidade a Eridanus, aínda que o seu nome foi parcialmente herdado por unha das súas estrelas máis brillantes, Sceptrum, que na actualidade leva a designación 53 Eridani. O nome Sceptrum para esta estrela está en uso aínda hoxe en día.

Ligazóns externasEditar