Globus Aerostaticus
Globus Aerostaticus, o globo aerostático, é unha exigua constelación creada por Joseph Lalande en 1798 na honra ó globo de aire quente, que se consideraba un grande adianto científico na época. A constelación estaba composta por estrelas febles que se atopan entre Capricornus e Microscopium (o microscopio). Aínda que apareceu coma constelación en varios atlas, nunca se converteu en oficial e caeu no desuso por parte dos astrónomos.
Notas
editar- Globus Aerostaticus. Obsolete constellations (Shane Horvatin) Arquivado 02 de novembro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
- Globus Aerostaticus. Star Tales (Ian Ridpath) (en inglés)