Canes Venatici
Canes Venatici ou Lebreiros[1] é unha pequena constelación do norte inserida por Johannes Hevelius no século XVII. O Can máis ó norte foi chamado Asterión, e nalgún tempo foi considerado unha constelación ou coma mínimo un asterismo. O Can máis ó sur foi chamado Chara.
Canes Venatici | |
---|---|
Nome latino | Canes venatici |
Abreviatura | CVn |
Xenitivo | Canum Venaticorum |
Simboloxía | O Cans de Caza |
Ascensión recta | 13 h |
Declinación | +40° |
Área | 465 graos cadrados
Rango 38° |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
1 |
Estrela máis brillante | Cor Caroli (α CVn)
(magnitude ap. 2.90) |
Choiva de meteoros | |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +90° e −40°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Maio | |
Estrelas principais
editar- α Canum Venaticorum (Cor Caroli). O seu nome significa "o corazón de Carlos", coma homenaxe ó rei inglés Carlos II (1630-1685), por que no seu reinado fundouse o Observatorio de Greenwich. É unha estrela dobre moi vistosa; unha das súas compoñentes, α2 Canum Venaticorum, é o prototipo dunha clase de variables que levan o seu nome (variables Alfa2 Canum Venaticorum).
- β Canum Venaticorum (Asterión ou Chara), con magnitude +4,26, segunda estrela máis brillante da constelación cunhas características físicas que son moi semellantes ó Sol.
- R Canum Venaticorum, xigante vermella e variable Mira cunha magnitude que varía entre 6,5 e 12,9 nun ciclo de 328,5 días.
- Y Canum Venaticorum (A Superba), unha estrela de carbono e variable semirregular dun espectacular cor vermella. Cunha temperatura de 2800 K, é unha das estrelas máis frías que existen.
- AM Canum Venaticorum, unha estrela moi azul de magnitude 14, prototipo dunha clase de binarias cataclísmicas.
- AO Canum Venaticorum (20 CVn), cuarta estrela máis brillante da constelación con magnitude 4,73 e variable Delta Scuti.
- AW Canum Venaticorum, xigante laranxa e variable semirregular onde a súa magnitude flutúa entre 4,72 e 4,81.
- BH Canum Venaticorum, variable eruptiva do tipo variable RS Canum Venaticorum.
- RS Canum Venaticorum, prototipo dunha clase de estrelas variables que levan o seu nome (variables RS Canum Venaticorum) e ademais binaria eclípsante.
Obxectos Notables do espazo profundo
editar- M51 (NGC 5194). AR: 13h 29m 54.0s Dec: +47°12'00" (Época 2000). Galaxia do Remuíño, a súa distancia ó sol é de 15 millóns de anos luz e ten unha compañeira NGC 5195 AR: 13h 30m 00.0s Dec: +47°16'00" (Época 2000).
- M63 (NGC 5055). AR: 13h 15m 48.0s Dec: +42°02'00" (Época 2000) - M94 (NGC 4736) AR: 12h 50m 54.0s Dec: +41°07'00" (Época 2000) e M106 (NGC 4258) AR: 12h 19m 00.0s Dec: +47°18'00" (Época 2000). Galaxias espirais, poden ser observadas con telescopios pequenos.
- M3 (NGC 5272). AR: 13h 42m 12.0s Dec: +28°23'00" (Época 2000). Cúmulo globular brillante.
- NGC 4244. AR: 12h 17m 30.0s Dec: +37°49'00" (Época 2000). Galaxia espiral, 8º ó oeste de Cor Caroli.
- NGC 4485. AR: 12h 30m 30.0s Dec: +41°42'00" (Época 2000) e NGC 4490 AR: 12h 30m 36.0s Dec: +41°38'00" (Época 2000). Dúas galaxias observadas no mesmo campo, a NGC 4485 denominaselle Galaxia Cocoon, 4490 é máis grande e brillante. Localízanse a 1º ó nordeste de Beta Canum Venaticorum.
- NGC 4631. AR: 12h 42m 06.0s Dec: +32°32'00" (Época 2000). Moi brillante, 6º ó sur de Cor Caroli e 2º ó oeste. No mesmo campo hai dúas galaxias máis NGC 4656 AR: 12h 44m 00.0s Dec: +32°10'00" (Época 2000) e NGC 4657 AR: 12h 44m 12.0s Dec: +32°12'00" (Época 2000).
Mitoloxía
editarRepresentan a Asterión e Chara, os dous cans sostidos polo Pastor (Boötes) mantendo o camiño das osas ó redor do polo norte.
.
Notas
editar- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Canes Venatici |
- https://web.archive.org/web/20080415000325/http://usuarios.lycos.es/astro114/OBSERVACION-CANES-VENATICI.htm (en castelán)
- Photographic Catalogue of Deep Sky Objects in Canes Venatici (en inglés)
- The Deep Photographic Guide to the Constellations: Canes Venatici (en inglés)
- Star Tales – Canes Venatici (en inglés)