Miriam Peretz

educadora e política israelí

Miriam Peretz (hebreo: מרים פרץ: פרץ‎) nada o 10 de abril de 1954 en Casablanca (Marrocos) é unha educadora e oradora israelí. Tras as mortes en servizo de dous dos seus fillos nas Forzas de Defensa de Israel, Peretz comezou a dar conferencias sobre o Sionismo e a . Foi galardoada co Premio de Israel en 2018 e en 2021 presentouse ao cargo de presidenta do Estado de Israel.

Miriam Peretz
Miriam Peretz.jpg
Nome completoMiriam Ohayon e מרים אוו
Nacemento10 de abril de 1954
Lugar de nacementoCasablanca
NacionalidadeIsrael
Relixiónxudaísmo
Alma máterUniversidade Ben-Gurion do Negev
Ocupacióneducadora e inspectora de educación
PremiosPrêmio Israel e doutor honoris causa pola Universidade Bar-Ilan
Na rede
Facebook: Miriamprtz Twitter: miriam_peretz Instagram: miriamprtz Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Orixe e mocidadeEditar

Filla de Yaakov Ohayon e Ito Vaknin, xudeus, naceu en Casablanca en 1954. En 1963, a familia deixou Marrocos e emigrou a Israel (aliyah). Ao chegar en Israel, instaláronse en Bersebá. Licenciouse en Literatura e Historia pola Universidade Ben-Gurion do Negev, e a mediados da década de 1970 casou con Eliezer Peretz. O matrimonio mudouse a Ofira, un asentamento israelí na península do Sinaí, onde o seu home era inspector de Sanidade. Ela comezou a traballar como profesora e foi nai de dous fillos: Uriel e Eliraz[1].

Logo do tratado de paz entre Israel e Exipto, o Sinaí reintegrouse a Exipto en 1982, e o asentamento en que residía foi desmantelado. A familia Peretz trasladouse a Cisxordania, primeiro ao asentamento de Giv'en HaHadasha, e máis tarde a Giv'en Ze'ev. Alí Miriam Peretz tivo catro fillos máis: Hadas, Avichai, Elisaf, e Bat-El. Ademais, Peretz foi a directora do instituto do asentamento de Giv'en Ze'ev[2].

En 1998, o fillo máis vello, Uriel morreu vítima dunha emboscada no sur do Líbano. Pouco despois, Eliezer, o seu home, enfermou de gravidade e faleceu. En 2010, o segundo fillo, Eliraz Peretz, falecía durante unha batalla na Franxa de Gaza[3].

Vida públicaEditar

Logo das mortes dos seus dous fillos máis vellos en acto de servizo coas Forzas de Defensa de Israel, e mais da do seu home, Peretz comezou a dar conferencias públicas sobre sionismo e a perda de seres queridos, principalmente a da mocidade e dos soldados de Israel[4]. Gañou sona por estas actividades e en 2011, publicou o libro Shirat Miriam, unha crónica da súa vida[2]. En 2016, foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade de Barra-Ilan[5]. En 2018, Peretz recibiu o Premio de Israel, considerado como a maior distinción cultural de Israel[6][7].

Carreira políticaEditar

En maio de 2021, Peretz, anunciou que se presentaría para presidenta de Israel nas eleccións de xuño de 2021[8] pois contaba co apoio dos 10 membros da Knesset necesarios para poder validar a súa candidatura. O seu rival para o cargo foi o político laborista Isaac Herzog[9], quen finalmente conseguiría un amplo respaldo na Knesset[10]: 87 votos fronte os 27 de Peretz. Segundo destacaron algunhas análises xornalísticas o feito de ser Peretz residente nun asentamento en Cisxordania marcáballe un perfil politicamente marcado para un cargo neutral. Tamén se interpretou a escolla como unha representación da pugna entre dous dos grupos da sociedade israelí[11]: dunha parte, Herzog, representante dunha elite de orixe asquenasita que dominou a política do Estado de Israel dende a súa fundación, máis aliñada cun pensamento liberal ou progresista; fronte Peretz, inmigrante mizrahí (denominación para os xudeus procedentes do norte de África) que encarnaba aos grupos sociais e étnicos máis aliñados co pensamento conservador e relixioso.

Vida privadaEditar

Reside en Giv'en Ze'ev e traballa como supervisora da dirección de Sociedade e Mocidade no Ministerio de Educación de Israel.

NotasEditar

  1. Kaplan, Author Sybil. "The story of Miriam Peretz" (en inglés). Consultado o 2021-05-31. 
  2. 2,0 2,1 DanielleA (2018-07-10). "Miriam Peretz". Israeli American Council (en inglés). Consultado o 2021-05-31. 
  3. "Miriam Peretz's Israel Prize speech to be taught in school". Israel National News (en inglés). Consultado o 2021-05-31. 
  4. "Miriam Peretz's Israel Prize speech to be taught in school". Israel National News (en inglés). Consultado o 2021-05-31. 
  5. "BIU's 2016 Honorary Doctorate Ceremony". American Friends of Bar-Ilan University. Consultado o 31-05-2021. 
  6. "Bereaved mother Miriam Peretz t receive Israel Prize". JPost. Consultado o 31-05-2021. 
  7. Bachner, Michael. "Mother of fallen IDF soldiers awarded Israel Prize for youth work". www.timesofisrael.com (en inglés). Consultado o 2021-05-31. 
  8. "Activist Miriam Peretz officially announces her candidacy for president". www.timesofisrael.com (en inglés). Consultado o 2021-05-31. 
  9. "First woman or Zionist royalty: Who will be elected Israeli president on Wednesday". Haaretz.com (en inglés). Consultado o 2021-05-31. 
  10. "Isaac Herzog wins Israeli presidential election, defeating Miriam Peretz". Haaretz.com (en inglés). Consultado o 2021-06-02. 
  11. Gur, Haviv Rettig. "Wednesday’s presidential race is a microcosm of Israeli Jews’ deeper divides". www.timesofisrael.com (en inglés). Consultado o 2021-06-03.