Mindoro
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2015.) |
Mindoro é a sétima illa máis grande de Filipinas. Atópase ao suroeste de Luzón e ao nordés de Palawan. Antigamente, Era chamada Ma-i ou Mait polos comerciantes chineses, e Mina de Oro polos españois, de onde este territorio obtivo o seu nome.
Mindoro | |
---|---|
![]() Praia ao norte de Mindoro | |
![]() Situación da illa | |
Situación | |
País | ![]() |
Arquipélago | Illas Filipinas |
Mar | Mar da China Meridional |
Coordenadas | 13°12′N 120°54′L / 13.200, -120.900 |
Xeografía | |
Superficie | 10.571´8 km² |
Perímetro | 618´8 km. |
Punto máis alto | 2.582 m. Monte Halcon |
Demografía | |
Capital | Calapan |
Poboación | 1.331.473 [1] (Censo 2015) |
Densidade | 117´2 hab./km² |
Lingua propia | Tagalo |
A illa foi dividida en dúas provincias actualmente existentes, Mindoro Occidental e Mindoro Oriental, en 1950. Antes deste suceso, desde 1921, a illa enteira conformaba unha soa provincia.
De acordo co historiador William Henry Scott, no seu libro Prehispanic Source Materials For The Study of Phillipine History (1984), durante a Dinastía Sung, no ano 972, "Ma-i" era un importante comerciante con China. Noutros rexistros chineses,"Ma-i" ou "Mindoro" aparece nos anos seguintes.
Este libro tamén nomea os produtos que os comerciantes de Mindoro intercambiaban cos chineses, sendo os máis importantes a cera de abella, o algodón, perlas, caparazóns de tartaruga, noces de betel medicinais e roupas de yute. Para a porcelana chinesa, comercializábanse produtos como o ouro, recipientes de aceiro, chumbo, contas de vidro de cores e agullas de aceiro.
Economía Editar
A economía de Mindoro está baseada principalmente na agricultura. Os produtos consisten nunha gran variedade de froitas, por exemplo, cítricos, bananas, rambutané e cocos, cereais como arroz e millo, cana de azucre, maní, peixe (diversos tipos), gando e aves de curral. A talla de árbores e a minería de mármore e cobre tamén son prósperos.
O turismo tamén é unha negocio lucrativo, con destinos como o Parque Nacional Apo Reef, a Illa Lubang, Porto Galera, Praia Sabang e o Monte Halcon. As praias de Porto Galera son as máis coñecidas atraccións turísticas, sendo moi visitadas.
Cultura Editar
As relixións comúns na illa clasifícanse baixo o Cristianismo. A relixión da poboación indíxena é o Animismo. Aínda que eles están no animismo como unha relixión, axudan á Igrexa católica nalgunhas partes de Mindoro a desenvolver a educación.
O idioma principal en Mindoro é o Tagalo, aínda que nalgúns lugares foi amplamente influenciado polos idiomas nativos Visayan e o Mangyan. Maioritariamente, o filipino e o Taglish está presente nas áreas de Porto Galera e Cidade Calapan. O Visayan e o Mangyan tamén son falados na illa, igual que o Ilocano e algúns idiomas estranxeiros, por exemplo o inglés, o Fukien e, nun menor xeito, o español.
Notas Editar
- ↑ "Total Population by Province, City, Municipality and Barangay: as of May 1, 2010" (PDF). 2010 Census of Population and Housing. National Statistics Office. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de marzo de 2016. Consultado o 22 May 2015.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mindoro |
Bibliografía Editar
- C.Michael Hogan. 2011. Sulu Sea. Encyclopedia of Earth. Eds. P.Saundry & C.J.Cleveland. Washington DC
Outros artigos Editar
Ligazóns externas Editar
- "Mapa de Mindoro" mostrando vilas e as maiores montañas