Miguel Vázquez Freire

profesor, escritor e tradutor galego

Miguel Vázquez Freire, nado en Corcubión en 1951, é un escritor galego.

Infotaula de personaMiguel Vázquez Freire
Biografía
Nacemento1951 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Corcubión, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , catedrático , tradutor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: miguel.vazquezfreire Bitraga: 261 Dialnet: 35409 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou Filosofía e Letras nas universidades de Santiago de Compostela e Complutense de Madrid, licenciándose na especialidade de Filosofía. Exerceu como profesor de Filosofía no IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela.[1]

Foi director da revista Golfiño e codirector da colección Merlín de Edicións Xerais de Galicia. Foi promotor de Pé de Imaxe e de Nova Escola Galega.[2]

Colaborou como crítico e comentarista de literatura infantil en diversas publicacións[3], como a Revista Galega de Educación, Cuadernos de Pedagogía, CLIJ, El Urogallo e nas páxinas culturais e educativas de La Voz de Galicia e Faro de Vigo. Foi coautor dos materiais educativos de Filosofía de Xerais, desde 1990 ao ano 2003.[4]

Publicacións editar

Literatura infanto-xuvenil editar

Narrativa editar

Poesía editar

Ensaio editar

Traducións editar

Obras colectivas editar

  • O rapaz que non quería ser heroe nin sabía dicir amor, incluído en Os contos da campaña (3), 1992, Xunta de Galicia.
  • A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos, en Sempre no Camiño. 1º Concurso de obras teatrais inéditas Camiño de Santiago, con Gloria Sánchez, 1995, Xunta de Galicia.
  • Historias para calquera lugar, 2001, Xerais.

Premios editar

  • Premio Camiño de Santiago de Teatro de monicreques no 1993, pola obra A princesiña Socorro, o trobeiro carolo e o demo dos cornos, escrita en colaboración con Gloria Sánchez.

Notas editar

  1. "Autores - Vázquez Freire, Miguel". baiaedicions.gal. Consultado o 2019-10-18. 
  2. "Coñecemos un pouco máis a Miguel Vázquez Freire – Editorial". Consultado o 2019-10-18. 
  3. "autor/a. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-10-18. 
  4. "Miguel Vázquez Freire". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 2019-10-18. 
  5. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-10-18. 
  6. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-10-18. 
  7. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8. 
  8. "Àngels en temps de pluja". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04. 
  9. "Anjos em Tempo de Chuva". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04. 
  10. "Ángeles en tiempos de lluvia". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04. 
  11. "Jo de major vull ser". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04. 
  12. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-10-18. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar