Melchor Díaz

político e guerrilleiro antifranquista galego.

Melchor Díaz, coñecido como Pepito ou Diego, finado en xullo de 1952, foi un político e guerrilleiro antifranquista galego.

Melchor Díaz
Falecementoxullo de 1952
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Membro do PCE actuou como como enlace no seo da guerrilla antifranquista e logo da morte de Manuel Agrasar Cajaraville, Florentino Menéndez Palacio, Ricardo Fernández Carles e Vicente López Novo en Loureiro (Luou) o 19 de maio de 1948, foi o encargado de reorganizar, sen éxito, a V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia que pretendía actuar na provincia de Pontevedra. José Ricardo Sevil incorporouno ao Comité Rexional de Galicia do PCE en 1950,[1] ocupou a secretaría de organización do Comité Rexional coa misión de reconstruír o aparato do partido en Galicia. En maio de 1951, debido á presión das forzas policiais, marchou a Francia con José Ricardo Sevil. Logo da marcha de Francisco Rey Balbís a Francia, volveu a Galicia co posto de secretario xeral dos comunistas galegos. Responsable de organización e propaganda do comité rexional do PCE, foi detido en Vigo, onde residía, na primavera de 1951. Levado ao cuartel xeral da Garda Civil na fronteira da Coruña e Pontevedra, foi torturado nunha caseta próxima.[2] Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil en xullo de 1952.

Notas editar

  1. Otero Roberes, Carmen; Sobrino Ceballos, Juan; Domínguez Ferro, Manuel (2001). "Fuxidos na fraga. Episodios da guerrilla antifranquista nas terras do Eume" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (8): 205–235. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de setembro de 2011. Consultado o 25 de febreiro de 2021. 
  2. Segundo a testemuña de Ramón García “O Almirante”, foi pechado naquel lugar a finais de xullo por ter trasladado á guerrilla en barca a través do río Eume, pouco antes de saír daquel lugar puido presenciar como “un hombre con la cara picada de viruela, miembro de la brigadilla de la Guardia Civil” le “disparaba el tiro de gracia a Melchor Díaz, le pateaba dos veces y le arrastraban fuera de la caseta”. GONZÁLEZ, Francisco, 1999, p. 107.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 54. ISBN 84-8485-231-8. 
  • Serrano, Secundino (2002). Maquis. Historia de la guerrilla antifranquista. Temas de Hoy. 

Ligazóns externas editar