Florentino Menéndez
Florentino Menéndez Palacio, coñecido como Tino ou Asturiano, nado en Los Cuarteles de Peñarrubia (Lada, Langreu) cara a 1922 e finado en Teo o 19 de maio de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1922 Langreu, España |
Morte | 19 de maio de 1948 (25/26 anos) Teo, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | Tino Asturiano |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra civil española |
Traxectoria
editarAntigo guerrilleiro do grupo Os Caxigales que operaba na zona central de Asturias. Desprazouse a Galicia como traballador nas minas de Fontao, onde se incorporou á dirección do PCE en Galicia que viña de reorganizar Víctor García García "Brasileño". Dende 1947 integrouse na V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia liderada por Benigno Andrade "Foucellas" e José Remuiñán Barreiro "Ricardito". O grupo foi avistado pola Garda Civil en Loureiro (Luou) o 19 de maio de 1948. A benemérita incendiou a casa onde se refuxiaban os guerrilleiros e Florentino morreu polos disparos das metralladoras xunto a Manuel Agrasar Cajaraville, Vicente López Novo e Ricardo Fernández Carles; tamén morreu o garda civil Manuel Gardón Castro. "Foucellas" e "Ricardito" lograron fuxir.[1]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.
Ligazóns externas
editar- Ficha en Los de la sierra Arquivado 29 de maio de 2020 en Wayback Machine.