Bulbo raquídeo

(Redirección desde «Medula oblonga»)

O bulbo raquídeo ou medula oblonga (medulla oblongata) é a porción inferior do tronco encefálico, que, xunto con outros órganos como o mesencéfalo e a ponte, establece a comunicación entre o cerebro e a medula espiñal. Está situado entre a ponte de Varolio e a medula espiñal e por diante do cerebelo. A forma do bulbo lembra a dun cono cortado, no cal a substancia branca é externa e a gris interna.

Vista do bulbo raquídeo (medulla oblongata), a ponte de Varolio (pons) e pedúnculos cerebelares.
Situación do bulbo no encéfalo.
Sección do bulbo raquídeo.
Vista anterior da ponte de Varolio, bulbo raquídeo e parte da medula espiñal.

É un órgano condutor de impulsos nerviosos. Relaciónase con funcións vitais como a respiración, o latexo cardíaco e a presión arterial, e con algúns tipos de reflexos como a mastigación, movementos peristálticos, fala, pestanexo, secreción lacrimal e vómito. Por iso un golpe ou lesión nesa área ou a súa compresión por parte do cerebelo, que se encontra detrás, pode causar a morte instantánea, paralizando os movementos respiratorios e cardíacos. Del saen os pares de nervios craniais do VI ao XII.

Funcións editar

Controla funcións autónomas e retransmite sinais entre o cerebro e a medula espiñal.

O bulbo é responsable de controlar diversas funcións autónomas para o corpo:

Estrutura editar

O bulbo raquídeo presenta unha porcíón pechada, máis caudal, que contén o canal central do epéndimo, que é continuo co da medula espiñal e, unha porción aberta, que é rostral, na cal o canal central se expande formando o cuarto ventrículo.

Límites:

  • Inferior. Plano horizontal que intersecta as radículas máis proximais do primeiro par de nervios raquídeos.
  • Superior. Suco bulboprotuberancial.
  • Anterior. Porción basilar do óso occipital e apófise odontoide do axe;
  • Posterior. O cerebelo.

Presenta preto de 3 cm de lonxitude, 2 cm de largura na súa porción máis larga e 1,3 cm de grosor.

Principais modificacións do bulbo en relación á medula espiñal:

  1. Abertura do canal central ependimario co surximento do cuarto ventrículo. O bulbo raquídeo presenta unha porción aberta e outra pechada.
  2. Desaparición da forma de H da substancia gris rodeada por materia branca e aparición dos núcleos propios, entre os cales salienta o núcleo olivar inferior.
  3. Decusación (cruzamento de fibras) das pirámides e do lemnisco medio. Deste modo ocorre a decapitación dos cornos anterior e posterior respectivamente.
  4. Grande abundancia de formación reticular.

Sucos lonxitudinais editar

Os sucos lonxitudinais da medula espiñal continuanse no bulbo. Deste modo, estes dividen a superficie do bulbo caudal e parte da rostral nunha serie de columnas.

A fisura media anterior é interrompida inferiormente pola decusación das pirámides, na unión entre o tronco cerebral e a medula espiñal, pero despois continuase cara a arriba ata a protuberancia ou ponte de Varolio, separando as dúas pirámides do bulbo raquídeo.

O suco anterolateral marca o límite posterior da pirámide. As radículas do nervio hipogloso emerxen deste suco, principalmente no bulbo raquídeo rostral.

No bulbo, porción rostral, a columna posterior experimenta un alargamento, formando un núcleo posterior a este suco anterolateral, denominado oliva, do cal saen as radículas do nervio hipogloso.

As radículas dos nervios glosofarínxeos, vagos e accesorios, emerxen posteriormente á oliva, no suco que a delimita posteriormente e que se denomina suco posterolateral da oliva.

O suco posterolateral tamén se continúa no bulbo raquídeo. A área localizada entre estes dous sucos posterolaterais, o olivar e o que é continuo coa medula espiñal, é o núcleo cinereo por onde pasa o tracto espiñal do nervio trixémino (que é a continuación do tracto dorsolateral da medula espiñal).

A columna posterior tamén se continua no bulbo, e o fascículo cuneado está adxacente ao suco posterolateral e esténdese rostralmente cara ao tubérculo cuneado, que marca o lugar do núcleo cuneado e, o fascículo grácil, adxacente á liña media e que se estende rostralmente de modo similar cara ao tubérculo grácil, que representa o núcleo grácil.

Porción caudal do bulbo raquídeo editar

Esténdese desde a decusación das pirámides ata o punto de unión dos dous troncos cerebelares inferiores onde o canal central do epéndimo se expande (óbex).

  • O feixe dorsolateral continúase como feixe espiñal do núcleo do nervio trixémino e a substancia xelatinosa continúase como núcleo do nervio trixémino.
  • Os fascículos grácil e cuneado continúan no bulbo pero son gradualmente substituídos polos seus núcleos. O núcleo cuneado (núcleo cuneiforme) comeza e remata un pouco máis rostralmente ao núcleo grácil. As fibras possinápticas destes núcleos diríxense despois ventralmente cruzando a liña media para formaren o lemnisco medio contralateral. Esta decusación (cruzamento) de fibras forma parte do conxunto das fibras arciformes internas e ás veces denomínase decusación sensitiva. Lateralmente ao núcleo cuneado e embebido no seu fascículo está o núcleo cuneado lateral ou externo.
  • As pirámides, prominentes, e a decusación das pirámides están localizadas anteriormente no bulbo caudal. Cada pirámide consiste en fibras corticoespiñais que se orixinan ipsilateralmente no córtex cerebral e van sinaptar no corno anterior contralateral da medula espiñal.
  • Gran parte da área atravesada por fibras arciformes é a designada formación reticular, que parece uma substancia amorfa, pero que en realidade está organizada, o que se pode constatar por microscopía.

Porción rostral do bulbo raquídeo editar

Esténdese desde a abertura do canal central ata a parede rostral onde os pedúnculos cerebelares inferiores entran pola parte posterior no cerebelo. Na parte dorsal desta porción do bulbo está o cuarto ventrículo.

  • A porción máis rostral (final) do bulbo caudal é case coincidente co inicio caudal do núcleo olivar inferior, estrutura prominente que formará a oliva, xa anteriormente referida. O pedúnculo cerebelar inferior está localizado dorsolateralmente a esta estrutura. As fibras deste núcleo olivar inferior, saen polo seu hilo, cruzan a liña media e van ao pedúnculo cerebelar inferior contralateral; estas fibras tamén forman parte do conxunto das fibras arciformes internas.
  • Medialmente ao núcleo olivar inferior está o lemnisco medio, e anteriormente a este está a pirámide. As fibras do nervio hipogloso emerxen aquí no suco anterolateral. Posteriormente ao lemnisco medial, xunto ao piso do cuarto ventrículo, están presentes fibras que poden seguirse en todo o seu percorrido ata o mesencéfalo e que son o fascículo lonxitudinal medial, de importancia enorme na coordinación da cabeza co movemento dos ollos.
  • Os tractos espiñotalámicos permanecen na mesma posición relativa, e por iso están localizados na porción anterolateral do tegmento. As fibras do tracto espiñocerebeloso anterior continúan xunto aos tractos espiñotalámicos, e as fibras do tracto espiñocerebeloso posterior entran no pedúnculo cerebelar inferior.

Notas editar

  • Nolte, J. The Human Brain: An Introduction to its Functional Anatomy. Mosby; sexta edición, xullo de 2008.
  • Standring, S. Gray's Anatomy: The Anatomical Basis of Clinical Practice. Churchill Livingstone; 40 edición, novembro de 2008.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar