Marysia Nikitiuk

directora e guionista ucraína

Marysia Nikitiuk (en ucraíno: Марися Нікітюк), nada en Kíiv en 1985, é unha directora de cinema ucraína, guionista e escritora de ficción. Escribiu e dirixiu When the Trees Fall (2018) e coescribiu o filme Evge (2019), ambos os cales conseguiron o recoñecemento como entre os mellores filmes ucraínos do seu ano de estrea. Nikitiuk tamén dirixiu Lucky Girl (2021) e publicou unha colección de historias curtas, The Abyss (2016), coas que gañou Premio Literario Internacional Oles Ulianenko.

Modelo:BiografíaMarysia Nikitiuk

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(uk) Марися Юріївна Нікітюк Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de outubro de 1986 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Kíiv (Unión Soviética) Editar o valor en Wikidata
EducaciónTaras Shevchenko National University of Kyiv, Institute of Journalism (en) Traducir (–2007) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista, directora de cinema Editar o valor en Wikidata
Membro de

IMDB: nm6071898 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Nikitiuk naceu en 1986.[1] Asistiu ao Instituto de Xornalismo da Universidade Nacional Taras Shevchenko de Kíiv, onde se graduou en 2007.[1] Despois obtivo un máster en estudos de teatro no Teatro Nacional I. K. Karpenko-Kary de Kíiv, Universidade de Cinems e Televisión, centrándose no teatro xaponés.[1]

Carreira profesional

editar

A principios da súa carreira, Nikitiuk traballou en diversos medios, escribindo críticas de teatro e creando o sitio web Teatre,[1] dirixiu curtametraxes,[2] e publicou unha colección de historias curtas (The Abyss, 2016),[3] coas que gañou Premio Literario Internacional Oles Ulianenko.[4]

En maio de 2016, Nikitiuk gañou o premio Krzysztof Kieslowski ScripTeast ao mellor guión cinematográfico de Europa Central e Oriental no Festival de Cannes polo guión que se converteu na súa primeira longametraxe,[5] When the Trees Fall.[6] O recoñecemento estivo acompañado dun premio en metálico de 10 000€.[5] Rodado en Ucraína e Polonia,[7] When the Trees Fall estreouse na 68ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín en 2018, onde recolleu sete premios.[8] Ambientada na pequena cidade ucraína de Lozova, a película céntrase nunha nena de cinco anos, Vitka, e a súa curmá maior, Larysa, que está namorada dun criminal.[9] When the Trees Fall foi eloxiado en The Hollywood Reporter como "cheo de audacia, estilo e promesa enérxica".[10][11][12] O San Francisco Chronicle chamouno unha "fábula delirantemente lírica e sexy" e dixo que "os fotogramas finais son impresionantes".[13] O xornal polaco de cinema Kino eloxiou a "sensibilidade, coraxe e fantasíay" de Nikitiuk.[14]

When the Trees Fall é frecuentemente nomeado como un dos mellores filmes ucraínos modernos.[15] Foi catalogado como o cuarto mellor filme ucraíno da década de 2010 por MovieWeb.[16][11] Vogue Ukraine enumerouno entre os "sete filmes para namorarte do cinema ucraíno moderno".[17] Viktoria Tihipko, presidenta do Festival Internacional de Cinema de Odesa e o xefe do consello da Academia Ucraína de Cinema, nomeouno como un dos 30 filmes "máis emblemáticos" dende a independencia de Ucraína.[18]

En 2019, Die Tageszeitung dixo: "Nikitiuk é considerada como a grande esperanza do novo cinema ucraíno".[19] Nikitiuk declarou que Mononoke Hime de Hayao Miyazaki e Apocalypse Now de Francis Ford Coppola como os seus filmes favoritos, escollidos pola súa capacidade de absorber ao espectador de principio a fin.[20]

Nikitiuk foi coguionista do director Nariman Aliev no seu filme Evge,[21] que se estreou na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019.[22] Gañou o Grand Prix no Festival Internacional de Cinema de Odesa.[23] Collider, The Guardian e o Centro Nacional de Cinema Oleksandr Dovzhenko nomearon o filme nas listas das mellores obras do cinema ucraíno.[24][25][26]

O seguinte filme de Nikitiuk foi Lucky Girl, e conta a historia dunha estrela de televisión diagnosticada de cancro.[27] A historia baseouse na batalla real da presentadora de televisión Yanina Sokolova contra o cancro.[28] Producido por Julia Sinkevych,[29] o filme foi representado na sección "Ukraine in Focus" no festival de Cannes en 2022.[30]

Vida persoal

editar

Antes da invasión rusa a Ucraína en 2022, Nikitiuk vivía en Kíiv.[31]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Desiateryk, Dmytro (1 de marzo de 2018). "Marysia NIKITIUK: "I want to say something about humanity with every story I tell"". The Day. Arquivado dende o orixinal o 8 de setembro de 2022. Consultado o 8 de setembro de 2022. 
  2. "Марися Нікітюк: Сьогоднішній герой – поганець із добрим серцем і неймовірним почуттям провини". Українська правда _Життя. 2 de xuño de 2016. Arquivado dende o orixinal o 9 de setembro de 2022. Consultado o 11 de setembro de 2022. 
  3. "Магічний реалізм з елементами трешу. Фрагмент зі збірки Марисі Нікітюк "Безодня"". Українська правда _Життя. Arquivado dende o orixinal o 3 de setembro de 2022. Consultado o 3 de setembro de 2022. 
  4. "Марися Нікітюк отримала літературну премію імені Олеся Ульяненка за роман «Безодня»". Detector Media (en ucraíno). 17 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 9 de setembro de 2022. Consultado o 9 de setembro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 Antonenko, Alisa (19 de maio de 2016). "Marysia Nikitiuk received a French award". The Day. Arquivado dende o orixinal o 8 de setembro de 2022. Consultado o 8 de setembro de 2022. 
  6. "Marysia Nikitiuk: Today's Character is a Bad Man with a Kind Heart and an Incredible Sense of Guilt". Ukrayinska Pravda (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de setembro de 2022. Consultado o 8 de setembro de 2022. 
  7. ""Її протест - реакція людини, яка не хоче померти в цьому болоті" - кінокритик про фільм "Коли падають дерева"". Gazeta.ua (en ucraíno). 26 de febreiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2022. Consultado o 11 de setembro de 2022. 
  8. "На Берлінале показали фільм української режисерки". Gazeta.ua (en ucraíno). 21 de febreiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2022. Consultado o 11 de setembro de 2022. 
  9. Abenia, Enrique (10 de decembro de 2021). "ArteKino 2021: La sorprendente personalidad de Marysia Nikitiuk en la ucraniana 'When the Trees Fall'". Cinemanía (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 8 de setembro de 2022. Consultado o 8 de setembro de 2022. 
  10. Young, Neil (27 de febreiro de 2018). "'When the Trees Fall' ('Koly padayut dereva'): Film Review | Berlin 2018". The Hollywood Reporter (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2 de setembro de 2022. Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  11. 11,0 11,1 Hrytsai, Yana (20 de maio de 2022). "The Best Ukrainian Movies of the 2010s, Ranked". MovieWeb (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2022. Consultado o 26 de agosto de 2022. 
  12. Lang, Jamie; Hopewell, John (18 de maio de 2018). "Marysia Nikitiuk, Igor Savychenko Talk 'When the Trees Fall'". Variety (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2022. Consultado o 26 de agosto de 2022. 
  13. Lewis, David (13 de setembro de 2018). "Hidden gems of the Mill Valley Film Festival". Datebook | San Francisco Chronicle (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de setembro de 2022. Consultado o 8 de setembro de 2022. 
  14. Sajewicz, Anna. "TAM, GDZIE NAS NIE MA." Kino 53, no. 618 (12, 2018): 57-59.
  15. "10 найкращих нових стрічок вітчизняного кінематографа". Unian. Arquivado dende o orixinal o 5 de novembro de 2021. Consultado o 11 de setembro de 2022. 
  16. Rosser, Michael (19 de agosto de 2022). "Sarajevo's CineLink reveals 2022 industry winners". Screen Daily (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2022. Consultado o 26 de agosto de 2022. 
  17. "7 фільмів, щоб закохатися в сучасне українське кіно". Vogue UA. Arquivado dende o orixinal o 8 de setembro de 2022. Consultado o 8 de setembro de 2022. 
  18. "30 знакових фільмів незалежної України: вибір Вікторії Тігіпко". Vogue UA. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2022. Consultado o 8 de setembro de 2022. 
  19. "kinotipp". Die Tageszeitung: taz (en alemán). 14 de marzo de 2019. pp. 32 ePaper 8 Berlin. ISSN 0931-9085. Arquivado dende o orixinal o 8 de setembro de 2022. Consultado o 8 de setembro de 2022. 
  20. "11 улюблених фільмів режисерки та сценаристки Марисі Нікітюк". Wonderzine. 2 de maio de 2020. Arquivado dende o orixinal o 9 de setembro de 2022. Consultado o 8 de setembro de 2022. 
  21. Simon, Alissa (29 de maio de 2019). "Film Review: 'Homeward'". Variety (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2021. Consultado o 11 de setembro de 2022. 
  22. Lavallée, Eric (10 de marzo de 2022). "2022 Cannes Film Festival Predictions - Critics' Week". IONCINEMA.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2022. Consultado o 26 de agosto de 2022. 
  23. Shepeleva, Anastasia (29 de agosto de 2019). "Ukraine submits its nominee for the Oscars - Aug. 29, 2019". Kyiv Post. Arquivado dende o orixinal o 2 de novembro de 2021. Consultado o 8 de setembro de 2022. 
  24. Shomer, Jason (12 de marzo de 2022). "Best of Ukrainian Cinema, Like 'Homeward' and 'Bitter Harvest'". Collider (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2022. Consultado o 11 de setembro de 2022. 
  25. Lodge, Guy (5 de marzo de 2022). "Streaming: the best Ukrainian films past and present". the Guardian (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2022. Consultado o 11 de setembro de 2022. 
  26. "100 найкращих українських фільмів усіх часів за версією кінокритиків. Список". BBC News Україна (en ucraíno). Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2021. Consultado o 11 de setembro de 2022. 
  27. Kudláč, Martin (23 de agosto de 2021). "REPORT: Works in Progress @ Karlovy Vary 2021". Cineuropa - the best of european cinema (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2022. Consultado o 26 de agosto de 2022. 
  28. "У фільму «Я, Ніна» про онкохвору журналістку змінився режисер". Detector Media (en ucraíno). 4 de xuño de 2020. Arquivado dende o orixinal o 8 de setembro de 2022. Consultado o 8 de setembro de 2022. 
  29. Sotinel, Thomas (21 de marzo de 2022). "Julia Sinkevych, présidente du jury du festival Séries Mania : « Ce sont les voix ukrainiennes que l'on doit entendre »". Le Monde (en francés). Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2022. Consultado o 8 de setembro de 2022. 
  30. Keslassy, Elsa; Frater, Patrick (13 de abril de 2022). "Cannes Film Market Unveils Full Ukraine in Focus Program with Selected Filmmakers, Producers (EXCLUSIVE)". Variety (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2 de setembro de 2022. Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  31. "Ukrainische Regisseurin Marysia Nikitiuk - Plädoyer für den Kulturboykott". Deutschlandfunk Kultur (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 8 de setembro de 2022. Consultado o 8 de setembro de 2022.