Nariman Aliev
Nariman Aliev (en ucraíno: Наріма́н Рідьва́нович Алі́єв), nado o 15 de decembro de 1992, é un guionista e director de cinema ucraíno de orixe tártara de Crimea. Gañou o Premio Nacional da Crítica de Cinema "Kinokolo" 2019 (mellor director e mellor filme) e o premio ao Artista meritorio de Ucraína no ano 2020.[1]
(2019) | |
Nome orixinal | (uk) Наріман Алієв |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de decembro de 1992 (31 anos) Petrivka (en) |
Educación | Universidade Nacional de Teatro, Cinema e Televisión de Kíiv (–2014) |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista, montador |
Período de actividade | 2013 - |
Membro de | |
Premios | |
Traxectoria
editarNariman Aliev naceu o 15 de decembro de 1992 na vila de Petrivka, no Raión de Krasnohvardiiske, na República Autónoma de Crimea. En 2009, graduouse na Escola Secundaria Petrivska. En 2013, fixo o bacharelato en dirección de televisión e cinema polo Instituto de Artes Audiovisuais (con Oleh Fialko). En 2014 recibiu o diploma de especialista en dirección de televisión da Universidade Nacional de Teatro, Cinema e Televisión de Kíiv.
En 2016, foi nomeado para o Oso de Cristal do Festival Internacional de Cinema de Berlín pola súa curtametraxe "Without You".[2] É membro da Academia de Cinema de Ucraína dende 2017,[3] e membro da Academia de Cinema Europeo dende 2019.[4] Ademais é membro do Consello Público do Comité de Ucraína para os Óscar dende 2019.[5]
A primeira longametraxe de Nariman Aliev, Evge (2019) estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes.[6] O filme tamén foi escollido como candidato de Ucraína para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[7][8]
Filmografía
editar- 2013 — Tan Atqanda Qaytmaq — director, guionista, cámara, editor e produtor
- 2013 — Dima — operador e editor
- 2014 — Seni Sevem — director, guionista, cámara, editor e produtor
- 2014 — Qara — instalación
- 2014 — Son — operador
- 2016 — Sensiz — director, guionista,cámara, editor e produtor
- 2019 — Evge — director e guionista
Notas
editar- ↑ "УКАЗ ПРЕЗИДЕНТА УКРАЇНИ №254/2020". Офіційне інтернет-представництво Президента України (en ucraíno). Consultado o 2021-03-08.
- ↑ Desiateryk, Dmytro (14 de marzo de 2016). "“CRIMEAN STORIES”: between politics and art". Consultado o 8 de marzo de 2021.
- ↑ "List of members of the Ukrainian Film Academy" (PDF).
- ↑ "UkrInform: Ukrainian director Nariman Aliev becomes EU Film Academy member | KyivPost - Ukraine's Global Voice". KyivPost. 2019-06-04. Consultado o 2021-03-08.
- ↑ "Розпочато формування Українського Оскарівського комітету". dergkino.gov.ua (en ucraíno). Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2019. Consultado o 2021-03-08.
- ↑ film, Guardian (2019-05-06). "Cannes festival 2019: full list of films". the Guardian (en inglés). Consultado o 2021-03-08.
- ↑ "Фільм "Додому" офіційно став претендентом на "Оскар" від України". Ukrainian State Film Agency. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2019. Consultado o 23 de agosto de 2019.
- ↑ "Ukrainian film Homeward about annexed Crimea goes for Oscar". Opinion UA. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2019. Consultado o 23 de agosto de 2019.