Maria de Lourdes Pintasilgo

política portuguesa

Maria de Lourdes Ruivo da Silva de Matos Pintasilgo GCCGCIHGCL, nada o 18 de xaneiro de 1930 en Abrantes e finada o 10 de xullo de 2004 en Lisboa, foi unha enxeñeira química, dirixente eclesiástica e política portuguesa. Foi a única muller que ostentou o cargo de Primeira ministra en Portugal, dirixindo o V Goberno Constitucional, en funcións dende xullo de 1979 ata xaneiro de 1980.[1]

Maria de Lourdes Pintasilgo
Maria de Lourdes Pintasilgo 1986 (cropped).jpg
Nacemento18 de xaneiro de 1930
 Abrantes
Falecemento10 de xullo de 2004
 Lisboa
CausaInfarto agudo de miocardio
NacionalidadePortugal
Alma máterInstituto Superior Técnico e Universidade Técnica de Lisboa
Ocupaciónpolítica e enxeñeira
PremiosGran Cruz da Orde do Infante Don Enrique, Grã-Cruz da Ordem Militar de Cristo e Grã-Cruz da Ordem da Liberdade
Assinatura Maria de Lourdes Pintasilgo.svg
editar datos en Wikidata ]

Foi a segunda muller a desempeñar o cargo de Primeira ministra en Europa, dous meses despois da toma de posesión de Margaret Thatcher.

TraxectoriaEditar

Primeiros anosEditar

Maria de Lourdes Pintasilgo naceu no seo dunha familia de clase media en 1930.[2] O seu pai, Jaime de Matos Pintasilgo (nado o 9 de decembro de 1896 na freguesía de Conceição en Covilhã e finado o 10 de outubro de 1959 en Socorro, Lisboa) dedicábase ao comercio con la, e a súa nai era Amélia do Carmo Ruivo da Silva, nada en Vendas Novas. Os seus pais casaron en Abrantes o 14 de marzo de 1929.[3]

O seu pai abandonou a familia cando era nena, feito que lle afectou bastante na escola e por iso sempre evitou as relacións interpersoais correntes.[4] Á idade de sete anos comezou a asistir ao Liceu Filipa de Lencastre, unha escola de ensino secundario de Lisboa. Máis tarde destacou na organización xuvenil e militar Mocidade Portuguesa, fundada polo ditador Salazar. Tamén se uniu á organización estudantil para mulleres Acção Católica (que acabou liderando) e após dos seus estudos no Instituto Superior Técnico obtivo o título de enxeñaría química industrial.[3]

Vida profesionalEditar

Após de graduarse en 1953 no Instituto Superior Técnico da Universidade de Lisboa, con 23 anos comezou a traballar como bolseira nun programa de colaboración coa Xunta de Enerxía Nuclear nacional.[5] Despois de completar o programa, comezou a traballar nunha gran compañía portuguesa con intereses en plantas de cemento, a Companhia União Fabril ou "CUF".[5] En 1954, ocupaba o posto de enxeñeira xefa na sección de estudos e proxectos.[5] A partir dese cargo pasou a ser directora de proxectos da empresa.[5] Mantivo o posto durante 7 anos, ata que deixou a empresa en 1960.[5]

Pintasilgo tiña fortes ligazóns coa Igrexa católica. Entre 1952 e 1956 foi presidenta do grupo de mulleres da Universidade Católica de Portugal en Lisboa. En 1956 chegou a ser a presidenta do grupo internacional de estudantes católicos Pax Romana. Tamén foi designada polo Vaticano como ligazón entre a Igrexa católica e o Consello Mundial de Igrexas. Despois de deixar a Companhia União Fabril, obtivo un traballo no goberno portugués ata 1969. En 1970, presidiu grupos de traballo do goberno relacionados con asuntos das mulleres, ademais de ser membro da delegación portuguesa ante as Nacións Unidas entre 1971 e 1972. En 1974 foi nomeada Secretaria de Estado para o benestar social no primeiro goberno provisional despois da Revolución dos Caraveis. En 1975 chegou a ser Ministra de Asuntos Sociais e tamén foi a primeira embaixadora de Portugal na UNESCO.[5]

Primeira ministraEditar

En 1979, o daquela Presidente de Portugal, António Ramalho Eanes, pediulle ser a Primeira ministra.[3] Pintasilgo asiumiu o cargo do Primeira ministra do goberno provisional portugués o 1 de agosto de 1979 por un período de tres meses.[6] Durante o seu mandato presionou para modernizar o anticuado sistema de benestar social do país. Tamén deixou a súa pegada facendo que a seguridade social fose universal e mellorando a atención médica, a educación e a lexislación laboral.[3]

En 1984 contribuiu con "Daring to be different" na antoloxía Sisterhood Is Global: The International Women's Movement Anthology, editado por Robin Morgan.[7]

Pintasilgo foi a primeira muller que se presentou como candidata á presidencia do país en 1986. Presentouse como independente pero só acadou o 7% dos votos. Ao ano seguinte foi elixida deputada do Parlamento Europeo como membro do Partido Socialista, posto que ocupou ata 1989.[2] Maria de Lourdes Pintasilgo morreu dunha parada cardiorrespiratoria no seu fogar de Lisboa o 10 de xullo de 2004, con 74 anos.[8]

Resultados electoraisEditar

Eleccións presidenciais portuguesas de 1986Editar

Resumo dos resultados das eleccións presidenciais do 26 de xaneiro e do 16 de febreiro de 1986 en Portugal
Candidatos Partidos políticos Primeira rolda Segunda rolda
Votos % Votos %
Mário Soares Partido Socialista 1 443 683 25,43 3 010 756 51,18
Diogo Freitas do Amaral CDS – Partido Popular, Partido Socialdemócrata 2 629 597 46,31 2 872 064 48,82
Francisco Salgado Zenha Partido Comunista Portugués, Partido Renovador Democrático 1 185 867 20,88  
Maria de Lourdes Pintasilgo Independente 418 961 7,38
Ângelo Veloso* Partido Comunista Portugués retirado
Total valid 5 677 525 100,00 5 882 820 100,00
Votos en branco 46 334 0,81 33 844 0,57
Votos nulos 18 292 0,32 20 436 0,34
Total (porcentaxe do 75,38% e do 77,99% respectivamente) 5 742 151 5 937 100
*Retirouse en favor de Salgado Zenha.
Fonte: Comissão Nacional de Eleições

NotasEditar

  1. Joana Teles (10 de xullo de 2012). Pt Jornal, ed. "10 de julho, morre Lourdes Pintasilgo, a primeira chefe de Governo em Portugal" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2013. Consultado o 16 de marzo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 "Maria de Lourdes Pintasilgo", p. 32, The Times (London), 15 de xullo de 2004
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 O'Shaughnessy, Hugh, "Obituary: Maria de Lourdes Pintasilgo; Europe's Second Female Prime Minister", p. 34. The Independent (London), 14 de xullo de 2004
  4. Cook,Stephen and Stuart Wavell: "Thursday People: Lisbon's laby in waiting/ Maria de Lourdes Pintasilgo, Portuguese presidential candidate", The Guardian (London), 2 de xaneiro de 1986
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Associated Press, International News, Lisboa, Portugal, 19 de xullo de 1979
  6. "Portuguese New Government Sworn In", Xinhua General News Service, 3 de agosto de 1979
  7. Catalog.vsc.edu (ed.). "Table of Contents: Sisterhood is global :". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 16 de marzo de 2020. 
  8. "Portugal mourns much-loved female leader", EuroNews, 10 de xullo de 2004

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Skard, Torild (2014) "Maria de Lourdes Pintasilgo" in Women of Power - Half a century of female presidents and prime ministers worldwide, Brtistol: Policy Press, ISBN 978-1-44731-578-0.