María Luísa de Borbón-Parma

María Luísa de Borbón-Parma (en búlgaro: Мария-Луиза Бурбон-Пармск), nada en Roma o 17 de xaneiro de 1870 e finada en Sofía o 31 de xaneiro de 1899 foi unha aristócrata italiana, por nacemento princesa de Parma, por matrimonio con Fernando I de Bulgaria princesa consorte de Bulgaria e nai do tsar Boris III de Bulgaria.

María Luísa de Borbón-Parma

Reinado20 de abril de 1893
31 de xaneiro de 1899
Nacemento17 de xaneiro de 1870
Roma
Falecemento31 de xaneiro de 1899
(29 anos)
Sofía
Predecesor-
SucesorLeonor Reuss-Köstritz
ConsorteFernando I de Bulgaria
Casa realCasa de Borbón-Parma
ProxenitoresRoberto I de Parma
María Pía de Borbón-Dúas Sicilias

Escudo de María Luísa de Borbón-Parma
Na rede
WikiTree: Di_Borbone-Parma-1 Find a Grave: 193667892 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Roma e desde o momento do seu nacemento foi princesa de Parma, a pesar de que a súa familia fora expulsada de Parma anos antes.

Foi a filla máis vella de Roberto I de Parma e da súa primeira esposa, a princesa María Pía de Borbón-Dúas Sicilias. Por liña paterna era neta do duque Carlos III de Parma e da princesa Luísa de Borbón, mentres que por materna foino do rei Fernando II das Dúas Sicilias e da arquiduquesa María Tareixa de Austria-Teschen.

Matrimonio e descendencia editar

A política europea do século XIX ditaba que pola súa condición de princesa, o seu matrimonio debía ser de útil para a súa familia, e para fortalecer as relacións con Bulgaria o seu pai negociou os esponsais co entón príncipe herdeiro daquel reino, Fernando de Saxonia-Coburgo-Gotha, que despois de falecer a súa muller e tras a abdicación do seu pai, foi tsar de Bulgaria, polo que María Luísa non foi tsarina, só princesa.

O matrimonio celebrouse o 20 de abril de 1893 en Vila Pianore, situada en Camaiore, Lucca (Italia), e residencia de Roberto I de Parma, pai da contraente. A pesar da polémica sobre o amaneiramento do esposo, o matrimonio non tardou en ter sucesión, e nove meses e dez días despois do enlace naceu o seu primeiro fillo, o príncipe Boris, ao que seguiron tres irmáns máis:

  1. Boris III de Bulgaria (1894-1943), tsar de Bulgaria.
  2. Cirilo de Bulgaria (1895-1945), rexente de Bulgaria, que foi asasinado polos comunistas.
  3. Eudoxia de Bulgaria (1895-1985), morreu solteira.
  4. Nadezhda de Bulgaria (1899-1958), casou co duque Alberte Euxenio de Württemberg, de quen tivo descendencia.

Morreu en Sofía en 1899 tras dar a luz á súa cuarta filla, cando só contaba 29 anos de idade. Foi sepultada na catedral de San Lois de Francia, na cidade búlgara de Plovdiv e de relixión católica, pois María Luísa nunca abandonou a súa confesión católica en favor da ortodoxa propia do seu marido.

Distincións honoríficas editar

  •   Dama gran cruz da Orde de San Alexandre (Principado de Bulgaria).

Devanceiros editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Aronson, Theo (1986) Crowns in conflict: the triumph and the tragedy of European monarchy, 1910-1918, John Murray Publishers, Londres. ISBN 0-7195-4279-0
  • Constant, S. (1979) Foxy Ferdinand, 1861-1948, Tsar of Bulgaria, Sidgwick and Jackson, Londres. ISBN 0-283-98515-1
Predecesor:
Ningún
 
Princesa consorte de Bulgaria

20 de abril de 1893 - 31 de xaneiro de 1899
Sucesor:
Leonor de Reuss-Köstritz