Sixto de Borbón-Parma
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Sixto de Borbón (homónimos).
Sixto de Borbón-Parma, nado en Wartegg o 1 de agosto de 1886 e finado en París o 14 de marzo de 1934, foi o décimo cuarto fillo de Roberto I de Borbón-Parma e o segundo de María Antonia de Portugal.
Sixto de Borbón-Parma | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 11 de agosto de 1886 |
Rorschacherberg | |
Falecemento | 14 de marzo de 1934 |
París | |
Soterrado | Souvigny Priory |
Nacionalidade | Bélxica |
Ocupación | oficial |
Pai | Roberto I de Parma |
Nai | Maria Antónia de Bragança, duquesa de Parma |
Cónxuxe | Hedwige de la Rochefoucauld |
Fillos | Isabella Maria Antoinetta Luisa Hedwige di Borbone, Principessa di Parma |
Irmáns | Zita de Bourbon-Parma, Maria Luísa de Bourbon-Parma, Maria Antonia van Bourbon-Parma, Xavier, Duque de Parma, Félix de Bourbon-Parma, Prince Gaetano of Bourbon-Parma, Henrique, Duque de Parma, Elias, Duque de Parma, José, Duque de Parma e René de Bourbon-Parma |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Durante a Primeira Guerra Mundial, e ata 1917 actuou como mediador de paz entre Francia e o Imperio Austrohúngaro, onde era emperatriz a súa irmá Zita de Borbón-Parma, muller de Carlos I de Austria. Ditas negociacións non chegaron a bo porto e a guerra continuou ata o ano seguinte.
O 14 de marzo de 1919 casou en París con Hedwige de La Rochefoucauld, filla do Duque Armando de Doudeauville e maila súa esposa, a Princesa Luisa Radziwill. En 1922 tiveron unha filla, a princesa Isabel María Antonieta Luisa Hedwig.