Dolores del Río Sánchez-Granados

escritora galega
(Redirixido desde "María Dolores del Río")

María Dolores del Río Sánchez-Granados, nada na Coruña, foi unha mestra e escritora galega, terciaria franciscana.

Dolores del Río Sánchez-Granados
Dolores del Río Sánchez-Granados.jpg
Nacementoséculo XIX
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Filla do tenente coronel de Infantaría Ángel del Río Uría. Estuda os cursos de extensión universitaria da Normal de Mestras en 1912 e 1913. Escritora de poesía de afervoado misticismo e patriotismo, colaborou en Ilustración Gallega, El Ideal Gallego, El Eco Franciscano e Galicia Pintoresca. Pertenceu á Academia de Buenas Letras de Málaga, era socia honoraria do Centro Galego de Logroño e socia mestra da Asociación de Escritores Galegos Laureados. Como autora teatral, escribiu Lonxe da aldea, un cadro dramático estreado en 1914 e o monólogo A pantasma (1916).

ObrasEditar

  • Ráfagas, 1908, poemario.
  • El forastero. Juguete cómico en un acto, 1910.
  • Lonxe da aldea, 1914, drama teatral.
  • A pantasma, 1916, monólogo.
  • Costumes novas, 1916, peza teatral
  • Parla e Parrafeo, 1916, peza teatral

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar