Maometto II (en galego, Mehmed II) é unha ópera en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Cesare della Valle, ambientado nos anos 1470 durante a época da guerra entre os turcos e os venecianos. Della Valle baseou o libreto nunha obra anterior súa, Anna Erizo. O nome do papel titular, Maometto II, refírese ao sultán turco otomán histórico, o gran conquistador de Constantinopla Mehmed II, quen viviu entre 1432 e 1481. Foi estreada o 3 de decembro de 1820 no Teatro San Carlo de Nápoles.

Maometto II
Mehmed II
Mehmed II, personaxe no que se basea a ópera.
FormaÓpera
Actos e escenas2 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaCesare della Valle
Fontes literariasAnna Erizo (1820), de Cesare della Valle
Estrea3 de decembro de 1820
Teatro da estreaTeatro San Carlo
Lugar da estreaNápoles
Música
CompositorGioachino Rossini
Personaxes

Maometto II (baixo)
Paolo Erisso (tenor)
Anna (soprano)
Calbo (mezzosoprano ou contralto)
Condulmiero (tenor)
Selimo (tenor)

Historia editar

A ópera compúxose cando a carreira de Rossini comezouse a limitar a unha soa ópera por ano, e apareceu case un ano despois de Bianca e Falliero, aínda que lle sucedeu inmediatamente Matilde di Shabran.[1] Rossini comezou a compoñer a ópera en maio de 1820 para Nápoles, mais varios levantamentos políticos, que ameazaban o goberno do rei Fernando I, tiveron que estar o suficiente baixo control antes de permitir que continuara a actividade teatral e para que tivera lugar a primeira representación no Teatro San Carlo de Nápoles o 3 de decembro de 1820. Na estrea, o baixo Filippo Galli desempeñou o papel de Maometto II, Andrea Nozzari foi Paolo, Isabella Colbran súa filla Anna e Giuseppe Ciccimarra o nobre Condulmiero.

Mentres que "(a ópera) non gustou moito aos napolitanos",[2] "foi ben recibida cando Rossini a revisou en Venecia no Gran Teatro La Fenice en decembro de 1822."[2] En 1823 e 1824, Maometto II foi presentada en Viena e Milán e logo en Lisboa en 1826, pero logo se esqueceu debido a que "unha gran parte da súa partitura (foi adaptada) a un novo libreto en francés"[2] e representada en París o 9 de outubro de 1826 como Le siège de Corinthe, as guerras dos anos 1820 entre os gregos e os turcos eran daquela máis tópicos que aqueles entre os turcos e os venecianos da orixinal.[3]

Como Maometto II, a ópera desapareceu e, aínda que hoxe en día se representa raramente, reviviu polo Festival Rossini en Pésaro en 1985.[2] A primeira representación nos Estados Unidos tivo lugar o 17 de setembro de 1988, cando foi presentada na ópera de San Francisco.[3] Non hai referencias a ningunha produción no Reino Unido.[2]

Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase con só 5 representacións no período 2005-2010.[4]

Personaxes editar

Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 3 de decembro de 1820
(Director: Nicola Festa)[5]
Maometto II (Mehmed II) baixo Filippo Galli
Paolo Erisso, xefe dos venecianos en Negroponte tenor Andrea Nozzari
Anna, súa filla soprano Isabella Colbran
Calbo, nobre veneciano mezzosoprano ou contralto Adelaide Comelli
Condulmiero, nobre veneciano tenor Giuseppe Ciccimarra
Selimo, nobre musulmán tenor Gaetano Chizzola

Argumento editar

Acto 1 editar

Bizancio acaba de caer en mans dos turcos, e as tropas de Maometto II (o Sultán Mehmed II) están sitiando aos venecianos na cidade de Negroponte (Chalkida). O xove Calbo empurra a Paolo Erisso na loita pola defensa da cidade, mentres Condulmiero quere ceder. A filla de Erisso, Anna, casará con Calbo, como é o desexo do seu pai. Ela está, porén, nunha relación en segredo cun nobre descoñecido que coñeceu en Corinto. Os musulmáns rompen as defensas e Erisso e Calbo son feitos prisioneiros. Maometto chega e é recoñecido por Anna: el é o seu amante segredo. Erisso e Anna están horrorizados por esta repentina revelación. Anna ameaza con suicidarse se Maometto non libera a Erisso e Calbo, e, promételle unha vida de luxo, el accede.

Acto 2 editar

Maometto declara o seu amor por Anna e lle ofrece o trono, mais ela o rexeita. Maometto parte para preparar outro ataque á cidadela, mais deixa o seu selo imperial de autoridade con ela para garantir a súa seguridade durante a súa ausencia. Anna únese a Erisso e Calbo, que están na clandestinidade. Erisso inicialmente rexeita á súa filla por confraternizar co inimigo, mais ela xúralle que nunca casará con el e entrégalle o selo de Maometto a Erisso, que lle permitirá a el e a Calbo saír do seu recuncho. Erisso casa a Calbo con Anna diante da tumba de súa nai, e os dous homes parten ao combate contra Maometto. En pouco tempo, Anna se decata de que Maometto foi derrotado por Erisso e escapou, mais agora a súa vida está en perigo, xa que el prometeu vinganza. Ela enfrontase a Maometto e os seus homes e, logo de revelar que lle deu o seu selo ao seu pai e casou con Calbo, apuñálase e morre na tumba da súa nai.

Estrutura (Nápoles, 1820) editar

Acto 1 editar

  • 1 Introduzione Al tuo cenno, Erisso (Coro, Erisso, Condulmiero, Calbo)
  • 2 Cavatina Ah che invan su questo ciglio (Anna)
  • 3 Terzettone Ohimè, qual fulmine! (Anna, Erisso, Calbo)
  • 4 Coro e cavatina Sorgete, in sì bel giorno (Maometto)
  • 5 Finale primo Giusto ciel, che strazio è questo! (Erisso, Calbo, Maometto, Selimo, Anna, Coro)

Acto 2 editar

  • 6 Coro di donne È follia sul fior degli anni
  • 7 Duetto Anna, tu piangi? (Anna, Maometto)
  • 8 Cavatina con coro All'invito generoso (Maometto)
  • 9 Scena ed aria Non temer, d'un basso affetto (Calbo)
  • 10 Terzetto In questi estremi istanti (Erisso, Calbo, Anna)
  • 11 Finale secondo Alfin compiuta è una metà dell'opra (Anna, Coro, Maometto)

Estrutura (Venecia, 1822) editar

  • Sinfonia

Acto 1 editar

  • 1 Introduzione Al tuo cenno, Erisso (Coro, Erisso, Condulmiero, Calbo)
  • 2 Coro di donne Restate, amici
  • 3 Scena e quartetto con coro Ilarità! Per me? Speranza! (Anna, Erisso, Calbo, Condulmiero)
  • 4 Scena e terzettone Che sento, oh Dio! (Anna, Erisso, Calbo)
  • 5 Coro e cavatina Sorgete, in sì bel giorno (Maometto)
  • 6 Finale primo Giusto ciel, che strazio è questo (Erisso, Calbo, Maometto, Selimo, Anna, Coro)

Acto 2 editar

  • 7 Coro di donne È follia sul fior degli anni
  • 8 Duetto Anna, tu piangi? (Anna, Maometto)
  • 9 Scena ed aria Non temer, d'un basso affetto (Calbo)
  • 10 Scena e terzetto Pria svenar con ferme ciglia (Calbo, Erisso, Maometto)
  • 11 Gran scena ed aria Alfin compiuta è una metà dell'opra (Anna, Coro)
  • 12 Finale secondo e rondò I puri voti accogli - Tanti affetti in tal momento (Anna, Coro)

Discografía editar

Ano Elenco
(Maometto, Anna,
Calbo, Erisso)
Director,
Teatro de ópera e orquestra
Sello discográfico[6]
1983 Samuel Ramey,
June Anderson,
Margherita Zimmermann,
Ernesto Palacio
Claudio Scimone,
Orquestra Philharmonia e Coro de Ópera Ambrosiano
CD de son: Phillips
Cat: 475 509-2
1985 Samuel Ramey,
Cecilia Gasdia,
Lucia Valentini-Terrani,
Chris Merritt
Claudio Scimone,
Orquestra Filharmónica de Praga e Coro do Festival Europeo
(Gravación en vídeo dunha interpretación no Festival Rossini de Pésaro)
DVD: Premiere Opera
Cat: 5187
2005 Lorenzo Regazzo,
Carmen Giannattasio,
Maxim Mironov,
Annarita Gemmabella
Claudio Scimone,
Orquestra e Coro do Gran Teatro La Fenice
(Gravación en vídeo dunha interpretación no Gran Teatro La Fenice de Venecia da versión interpretada naquel teatro en febreiro de 1822).
DVD: Dynamic
Cat: DV 33492
2008 Michele Pertusi,
Marina Rebeka,
Daniela Barcellona,
Francesco Meli
Gustav Kuhn,
Orquestra Haydn de Bolzano e Trento e Coro de Cámara Praga
(Gravación duna interpretación no Arena Adriático, Pésaro, agosto)
CD de son: Celestial Audio
Cat: CA 831

Notas editar

  1. Osborne, p. 101
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Osborne, p. 102
  3. 3,0 3,1 Holden p. 787
  4. "estadísticas de Operabase". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2017. Consultado o 08 de maio de 2012. 
  5. Premiere cast from Casaglia (2005)
  6. Gravacións de Maometto II en operadis-opera-discography.org.uk

Véxase tamén editar