Manuel Vilanova
Manuel Vilanova Rodríguez, nado en Barbantes (Punxín)[1][2] en 1944 e finado en Vigo[3] o 5 de marzo de 2019[4], foi un profesor e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1944 Barbantes, España |
Morte | 5 de marzo de 2019 (74/75 anos) Vigo, España |
Formación profesional | Filoloxía Románica |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura, poesía, lingua castelá e literatura española |
Ocupación | escritor, poeta, profesor universitario |
Xénero artístico | Poesía |
Premios | |
Traxectoria
editarEstudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela[5] e doutorouse na Universidade Complutense de Madrid coa tese La soledad en la poesía de Luís Cernuda.
Como poeta está considerado como un dos que marcou o paso da literatura socialrealista á preocupación máis esteticista dos anos oitenta[6] xunto con Xosé Luís Méndez Ferrín e Arcadio López-Casanova. Para Ramiro Fonte Manuel Vilanova é o introdutor da poesía artellada sobre a intertextualidade.[7]
Comezou escribindo en castelán pero pronto se decidiu polo galego co libro inédito A tarde cheia de verán[8]. O primeiro poemario publicado en galego foi E direi-vos eu do míster das cobras (1980). Segundo César Antonio Molina "é unha especie de grande happening da poesía galega deste século, un suceso lúdico no cal Vilanova descolga os fantasmas ancestrais e sácaos a pasear polas rúas deste fin de milenio".[9] O libro parte da transgresión temporal e espacial, facendo simultáneos nos seus poemas feitos que na vida real non o son.[8]
Foi catedrático de ensino medio de Lingua e Literatura española en Vigo.
Obra
editarPoesía
editar- A tarde cheia de verán (1979). Editorial Mogor.
- E direi-vos eu do mister das cobras (1980). La Región. 185 páxs. ISBN 978-84-300-2642-5. Ed. de 2007 en Follas Novas, 154 páxs. ISBN 84-300-2642-8.[10]
- A lenda das árbores de prata (1985). Edicións Nós. ISBN 84-7540-026-4.
- A esmeralda branca (2006). Follas Novas. 525 páxs. ISBN 8485385950.
- Antonio das mortes e a muller de verde (2010). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. 198 páxs. ISBN 9788492597130.
- Nin sequera no ceo (2011). Follas Novas. 64 páxs. ISBN 9788492794409.[11]
- Un banco na Gran Vía (2016). Ir Indo. 533 páxs. ISBN 9788476807262.
- A substancia das horas (2017). Ir Indo. 232 páxs. ISBN 9788476807323.[12][13]
Obras colectivas
editar- Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984, Sotelo Blanco).
- Sis poetes gallecs (1990, Editorial Columna). Edición bilingüe galego-catalán.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010, Toxosoutos).
Obra en castelán
editarPoesía
editar- Mejor el fuego (1972). Fablas Ediciones. Las Palmas.
- El cazador de días (1977). Fablas Ediciones. Las Palmas. 170 páxs.
- El quinto cáliz (1977). Deputación Provincial de Granada. Colección Genil de Literatura. 56 páxs. ISBN 978-8478072101.
- Casa para los ojos (1988). Deputación Provincial de Málaga. Puerta del Mar XXXVI. 106 páxs.
- El corazón del pan (2002). Fundación Jorge Guillén, Valladolid. 350 páxs. ISBN 978-8489707559.
Premios
editar- Premio da Crítica de Galicia no 1986, por A lenda das árbores de prata.
- Premio da Crítica española no 2006, por A esmeralda branca.
Notas
editar- ↑ Ficha na AELG
- ↑ Segundo a GEG, naceu en A Barca de Barbantes, Cenlle.
- ↑ "A AELG lamenta a perda do seu Socio Manuel Vilanova". aelg. Consultado o 2019-03-06.
- ↑ "Morre o poeta Manuel Vilanova, o renovador silencioso". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-06.
- ↑ "Manuel Vilanova". www.aelg.gal. Consultado o 2019-03-06.
- ↑ "Manuel Vilanova. Premios da Crítica Galicia. Web oficial da Fundación Premios da Crítica Galicia". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-06.
- ↑ Fonte, Ramiro (1986). ""A lenda das árobores de prata" por Manuel Vilanova". Grial (92).
- ↑ 8,0 8,1 Vilavedra, Dolores, Coord. (1995). Diccionario da literatura galega I. Autores. Galaxia. p. 612. ISBN 84-8288-019-5.
- ↑ Molina, César Antonio (2005). En honor de Hermes (en castelán). Huerga Y Fierro Editores. p. 666. ISBN 9788483744970.
- ↑ "Catálogo de la Biblioteca Nacional de España". catalogo.bne.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-03-06.
- ↑ Requeixo, Armando (2011-06-16). "Metafísica de Barbantes". Criticalia. Consultado o 2019-03-06.
- ↑ Nicolás, Ramón (2018-04-05). "A substancia das horas, de Manuel Vilanova". Caderno da crítica. Consultado o 2019-03-06.
- ↑ Carreño, Antonio. "Manuel Vilanova: a substancia das horas". La Región. Consultado o 2019-03-06.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- O autor fala da súa obraArquivado 06 de marzo de 2019 en Wayback Machine.. Vídeo entrevista en AELG. 2012
- “Al ser poeta veo las cosas con imágenes y se me hace el doble de difícil escribir prosa”. Entrevista de Ana Fuentes en Atlántico.net. 24/02/2018
- Palabras liberadas. Manuel Vilanova. YouTube Biblioporrino. 16/05/2008.