Manuel González González (músico)

Músico galego

Manuel González González, tamén coñecido como O Chicho do Funk,[1] nado en Santiago de Compostela o 30 de agosto de 1994, é un músico galego.[2]

Manuel González González
Nacemento30 de agosto de 1994
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Vigo
Ocupaciónmúsico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Aínda que nado en Santiago sempre estivo moi ligado a Trasar de Carballo e San Mamede (Carballedo) a terra dos seus avós. Estudou a primaria e secundaria en Santiago e fixo estudos de fisioterapia en Pontevedra na UVIGO.

Desde moi novo tivo afección pola música sobre todo na interpretación con guitarra formándose na escola de música A Casa do Rock, en Santiago.[3]

Esteban & ManuelEditar

Despois de colaborar con varios grupos deuse a coñecer co dúo Esteban & Manuel recuperando o espírito da verbena, a ritmo de cumbia e Auto-Tune,[4] ou sexa, da verbena ao trap, e do trap á cumbia con Auto-Tune.[5] Poden ser considerados os pais galegos da cumbia-tune.[6] Actuaron no Monkey Week[7] de Sevilla e caracterizábanse por vestir un de vermello e o outro de azul. Un dos temas máis coñecidos de La banda sonora de tu día a día (La Melona, 2017)[8] foi Ela namoroume.

Boyanka KostovaEditar

Desde 2016 Cibrán García (Saibran Yiyi) e O Chicho do Funk formaron Boyanka Kostova, dúo galego de música trap. En 2020 sacaron Os dous de sempre.

OrtigaEditar

Ortiga é un proxecto en solitario do Chicho que arrincou en 2019[9] con Chicho & sus chichas (Ernie Records). Ortiga é unha evolución do mesmo son de Esteban & Manuel con algunhas peculiaridades que o achegan aínda máis á electrónica sen perder a alma latina e de festa popular que eran sinais de identidade xunto ao efecto Auto-Tune. Nos seus dez temas faise referencia á súa terra e a xente real.[10]

Con elementos da salsa, do merengue, a cumbia e mesmo da bachata, co Auto-Tune típico das cancións trap, mais a base ten unha caixa de ritmos electrónica. Hai cancións en galego e nun dos cortes hai un son dun titorial sobre ortigas[11] porque a ortiga é unha planta híper galega e tivo experiencias na infancia con ela.[12]

En agosto de 2020 confesáballe ao Diario de Pontevedra:[13]

Esteban e Manuel fomos os que empezamos co tema das cumbias, estabamos na escena underground galega pero non había ninguén interpretando este estilo, entón foi innovador. Con Boyanka Kostova pasou o mesmo pero co trap galego, que apenas había... Agora con Ortiga podo facer o que me dá a gana, porque estou eu só... Boyanka é trap, nel son unha especie de xograr que retrata o momento actual con música e facendo o parvo, e Ortiga é máis latino e cóntalle a súa vida á peña

En 2020 colaborou con Rodrigo Cuevas en La magia de tu melena.[14]

En 2021 Ortiga & Grande Amore presentan Los rastreadores.[15]

NotasEditar

  1. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: g". www.ogalego.eu. Consultado o 2020-08-04. 
  2. "A obsesión de Ortiga: o Mesón Valderrey". Vinte. Consultado o 2020-08-04. 
  3. "El músico de Fontiñas que a sus 25 años agota entradas se llama Ortiga". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2020-08-22. 
  4. Fariña, Noelia (2018-01-26). "Esteban & Manuel: la verbena se hace con 'autotune' y ya no es para viejos". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-08-01. 
  5. S.L, EDICIONES PLAZA. "Esteban y Manuel: “No se debería subestimar el criterio musical de nuestra generación”". Cultur Plaza (en castelán). Consultado o 2020-08-01. 
  6. "Esteban y Manuel o los padres gallegos de la cumbiatune". www.vice.com (en castelán). Consultado o 2020-08-01. 
  7. "ESTEBAN & MANUEL: A PROPOSTA TROPICAL DE SINSAL PARA PLAY-DOC". Play-Doc. 2018-04-16. Consultado o 2020-08-01. 
  8. "La Banda Sonora de tu Día a Día, by Esteban & Manuel". La Melona. Consultado o 2020-08-01. 
  9. "Ortiga: candidato a disco del año". ELMUNDO (en castelán). 2019-11-11. Consultado o 2020-08-01. 
  10. "ORTIGA - Chicho & sus chichas (2019) FUSIóN MeGA música en galicia". culturagalega.gal. Consultado o 2020-08-01. 
  11. Rubén (2019-10-22). "'Chicho y sus chichas' nos presenta a un Ortiga inclasificable". MusicUP (en castelán). Consultado o 2020-08-01. 
  12. "Ortiga: "Funciono mejor en sitios donde a priori no encajo"". MondoSonoro (en castelán). 2019-12-31. Consultado o 2020-08-01. 
  13. Casteleiro, Patricia (2020/08/20). "Ortiga Cantante". Diario de Pontevedra: 21. 
  14. "La magia de tu melena". youtube.com. 
  15. "Ortiga & Grande Amore presentan Los rastreadores". youtube.com. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar