Rodrigo Cuevas

cantante e musicólogo asturiano

Rodrigo Cuevas González, nado en Oviedo en 1985, é un artista multidisciplinar, cantante, compositor, acordeonista, DJ e presentador de televisión asturiano.[1][2] Na súa música e espectáculos, incorpora bases electrónicas á música tradicional, e viste vestimenta rural mesturada cun estilo cabaré e pin-up.[3]

Infotaula de personaRodrigo Cuevas

(2018) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1984 Editar o valor em Wikidata (39/40 anos)
Oviedo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Superior de Música de Catalunya Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , compositor , acordeonista , percusionista , disc-jóckey , activista LGBT , artista de cabaret , folclorista , intérprete , presentador de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoAsturian folk music (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua asturiana, lingua catalá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
InstrumentoAcordeón e voz Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webrodrigocuevas.sexy Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm9431071 Facebook: rodrigo.cuevas.electrocuple Twitter: RodrigoCuevasG Instagram: rodrigocuevasg Youtube: UCjBmgXddS-UjNZt7o0lLeAg Dialnet: 5979944 Bandcamp: rodrigocuevas Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Oviedo, e estudou piano e tuba no Conservatorio Superior de Música Eduardo Martínez Torner (CONSMUPA) da súa cidade. Posteriormente estudou sonoloxía na Escola Superior de Música de Catalunya (Esmuc) de Barcelona.[4] Abandonou os estudos e trasladouse a vivir a Galiza, primeiro en Santiago e posteriormente na aldea de Barbeira, no concello da Lama,[5] onde pasou oito anos. Alí, da man dos veciños iniciouse na música e no baile tradicional galego.[6] Nesta etapa formou xunto con Lúa Gándara un dúo musical de cabaré e "verbena psicodélica", La Dolorosa Compañía,[3] co que publicou no ano 2012 o disco Yo soy la maga, no que repasaba as cancións tradicionais galegas.[7] Neste dúo Rodrigo Cuevas tocaba o acordeón, e os dous intérpretes presentábanse como Jimena Fernández e Fernando Jiménez, respectivamente.[8]

En 2016 publicou Príncipe de Verdicio, que incluía a canción que o deu a coñecer entre o gran público: "O ritmo de Verdiciu". Neste tema fusionou a canción tradicional asturiana "Soy de Verdicio" con "Ritmo de la noche", a canción disco dos noventa do grupo belga Mystic.[1][4]

En 2017 publicou un EP en homenaxe ao cantante Tino Casal. No que se inclúen dúas versións deste artista asturiano, Haunted e Panic in the Edén. Nesta última canción, contou coa colaboración de Mari Luz Cristóbal Caunedo e Femme Estupenda, entre outras.[9][10]

Espectáculos editar

En 2014 estrea o seu primeiro espectáculo Electrocuplé no que fusiona a canción tradicional asturiana coa canción, o cabaret e o burlesque. Con Electrocuplé, Rodrigo Cuevas realizou máis de cen concertos por toda España.

En 2017 presentou no Teatro de la Laboral de Xixón o seu segundo espectáculo, El Mundo per Montera, no que combinou o mundo tradicional e rural co urbano, excéntrico, crítico e tecnolóxico.[4]

En 2019 publicou o disco Manual de Cortejo en colaboración con Raül Refree[11] no que incluíu a canción Rambal en homenaxe ao transformista xixonés asasinado en 1976, Alberto Alonso Blanco ( Rambal).[12] Tamén inclúe unha versión da canción de copla andaluza, El día que nací yo, orixinal de 1936 cantada por Imperio Argentina na película Morena Clara. Tamén estreou o seu terceiro espectáculo, Trópico de Covadonga, do que é protagonista e director. Aborda o concepto de tempo e os ciclos do ano en formato de cancioneiro popular contemporáneo. Engade códigos musicais actuais ás historias e cancións populares, ademais de humor, performance e electrónica. Este espectáculo está producido por Raül Refree.[13]

Outros proxectos e colaboracións editar

En 2016 foi embaixador da sidra asturiana con Denominación de Orixe Protexida.[14]

Durante a Semana do Audiovisual Contemporáneo de Oviedo (SACO) de 2017 presentouse o documental sobre a súa vida, Rodrigo Cuevas. Campo e tablas, dirixida por Manuel García Postigo e Ojos de Hojalata, e producida por Álex Zapico.[15] En 2017, Rodrigo Cuevas foi o mestre de cerimonias do Festival Internacional de Cine de Xixón e do Oh! das Artes Escénicas de Asturias.[16]

En 2018 creou a música da obra Sidra en Vena de Montgomery Entertainment, escrita e dirixida polo dramaturgo Juanma Pina. Tamén protagonizou o musical Horror, o espectáculo que nunca debería ter feito, no que interpretou o papel de Frank-N-Furter. Este musical foi unha homenaxe á serie de televisión estadounidense American Horror Story.[17] En 2018 presentou o programa El Camí para el canal autonómico de Asturias, TPA, no que percorreu as etapas do Camiño de Santiago no Principado de Asturias.[18]

Durante o confinamento da pandemia de COVID-19 en abril de 2020, Cuevas gravou un vídeo homenaxe a Alberto Alonso Blanco "Rambal", Rambalín en corentena, para conmemorar o 34 aniversario do seu asasinato. Contou coa colaboración dos músicos Mapi Quintana, Rubén Bada, Tino Cuesta e Juanjo Díaz e da pintora e cantante Leticia Baselgas.[19] Cuevas tamén traballou como disc jockey co sobrenome artístico de Frixuelo de Sangre DJ.[20] En 2021 fundou a asociación La Benéfica, Asturias, xunto con Sergi Martí e Nacho Somovilla coa intención de crear un centro de artes vivas para a expresión artística cultural, a acción comunitaria e a loita contra o abandono e o despoboamento do rural. no edificio da antiga Caridade de Piloña, a Sociedade de Socorro Mutuo.[21]

Discografía editar

 
Rodrigo Cuevas El mundo por montera

Discos de estudio editar

  • Yo soy la maga (EP, 2012)
  • Prince of Verdiciu (EP, 2016)
  • Embrujada/Pánico en el Edén (EP, 2017)
  • Manual de Cortejo (2019)

Sinxelos

  • Verdiciu (2016)
  • Toro Barroso (2016)
  • Embrujada (2018)
  • El día que nací yo (2019)
  • Muiñeira para a filla da bruxa (2019)

Recoñecementos editar

En 2017 recibiu o Premio AMAS ao Mellor Artista Revelación.[22] En marzo dese mesmo ano foi nomeado asturiano do mes pola Nova España.[4] Un ano despois foi galardoado co popular personaxe Urogallo polo Centro Asturiano de Madrid.

En 2019 recibiu a Residencia de Produción do Programa de Artes Escénicas da Residencia Laboral da Cidade da Cultura de Xixón polo seu espectáculo Trópico de Covadonga.[23] Ese mesmo ano recibiu o Premio GAVA da Asociación Clúster da Industria Creativa, Cultural e Audiovisual de Asturias ao Mellor Presentador de TV pola súa participación no programa El Camino.[24]

En 2020, xunto co grupo musical "Muyeres", o grupo de teatro "Nova" e o xeólogo Luis Miguel Rodríguez Terente, foi galardoado co Premio Yumper aos valores humanos.[25] Ao ano seguinte foi recoñecido co Premio Ojo Crítico de Música Moderna que concede Radio Nacional de España.[26] E tamén gañou o Premio Serondaya 2021 á Innovación Cultural na categoría de Artes.[25]

En 2023 foi Premio Nacional das Músicas Actuais.[27]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Rodrigo Cuevas". Muelología (en castelán). Consultado o 2022-01-28. 
  2. Corte, Cristina (2018-12-10). "Piloña mueve el cuádriceps al ritmo de Rodrigo Cuevas". La Nueva España (en castelán). Consultado o 2022-01-28. 
  3. 3,0 3,1 Guerrero, Marcos García; Cueli, Mayte F. (2017-06-26). "Rodrigo Cuevas: «Seguiré haciendo lo que me dé la gana, que es lo que hay que hacer. Aunque le deje de gustar a la gente»". La Soga. Revista Cultural (en castelán). Consultado o 2022-01-28. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Torre, Franco (2017-04-30). "Rodrigo Cuevas, "Asturiano del mes" de marzo por su fusión de folclore y vanguardia". La Nueva España (en castelán). Consultado o 2022-01-28. 
  5. Belén López (10 de xuño de 2016). "Rodrigo Cuevas: "Son un pequeno axitador"". El Progreso. 
  6. Tanxugueiras (2 de febreiro de 2021). Tanxugueiras conversan con Rodrigo Cuevas (mp3). Escena en 28:40 - 31:30. Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  7. "Rodrigo Cuevas: “O público quere ver a música tradicional ao mesmo nivel que outras músicas contemporáneas”". Vinte. Consultado o 2022-01-28. 
  8. NEIRA, Chus (2013-02-15). "Disfraz y máscara". La Nueva España (en castelán). Consultado o 2022-01-28. 
  9. "Rodrigo Cuevas presenta una versión "agro-glam" de Tino Casal en nuevo disco - ABC.es - Noticias Agencias". ABC (en castelán). Consultado o 2022-01-29. 
  10. Canalís, Óscar Senar (2018-10-26). "Rodrigo Cuevas: "Lo que digan los puristas del folclore me la suda bastante"". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2022-01-29. 
  11. Menéndez, Luis J. (2019-12-16). "Rodrigo Cuevas y Raül Refree firman 'El mal querer' asturiano". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2022-01-29. 
  12. "'Rambalín' de Rodrigo Cuevas recuerda a un icono ultralocal que no debería ser olvidado". jenesaispop.com (en castelán). 2020-01-12. Consultado o 2022-01-29. 
  13. "A qui no li agrada el "verbeneo"?". Núvol (en catalán). Consultado o 2022-01-29. 
  14. "Rodrigo Cuevas: «La sidra ye una joya que hay que cuidar»". El Comercio (en castelán). 2016-09-03. Consultado o 2022-01-29. 
  15. "El documental de Rodrigo Cuevas, en SACO". El Comercio (en castelán). 2017-03-07. Consultado o 2022-01-29. 
  16. "'Crecer' se impone en los premios Oh!". El Comercio (en castelán). 2016-02-12. Consultado o 2022-01-29. 
  17. "Rodrigo Cuevas se pasa al rock". El Comercio (en castelán). 2018-06-16. Consultado o 2022-01-29. 
  18. "El camino". ELMUNDO (en castelán). Consultado o 2022-01-29. 
  19. "Rodrigo Cuevas recuerda a "Rambal" en el aniversario de su asesinato". Nortes. Centradas en la periferia (en castelán). 2020-04-20. Consultado o 2022-01-29. 
  20. 20minutos (2019-01-07). "Rodrigo Cuevas cierra su gira 'El Mundo por Montera' este jueves en Madrid". www.20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 2022-01-29. 
  21. "Una asociación creada por Rodrigo Cuevas compra el antiguo teatro de La Benéfica". El Comercio (en castelán). 2021-05-13. Consultado o 2022-01-29. 
  22. Press, Europa (2017-02-28). "Rodrigo Cuevas estrena su nuevo espectáculo 'El mundo por montera' este sábado en Laboral". www.europapress.es. Consultado o 2022-01-29. 
  23. Press, Europa (2019-05-27). "Rodrigo Cuevas ensaya su nuevo espectáculo, 'Trópico de Covadonga', en el Teatro de la Laboral". www.europapress.es. Consultado o 2022-01-29. 
  24. "Los premios "Gava" del audiovisual asturiano se entregarán el sábado". La Nueva España (en castelán). 2019-05-09. Consultado o 2022-01-29. 
  25. 25,0 25,1 ARIAS, S. (2020-12-28). "Siero recompensa la “braveza asturiana”". La Nueva España (en castelán). Consultado o 2022-01-29. 
  26. "XXXII Premios 'El Ojo Crítico'. Rodrigo Cuevas, Premio 'El Ojo Crítico' de RNE de Música moderna". RTVE.es (en castelán). 2021-11-22. Consultado o 2022-01-29. 
  27. "Rodrigo Cuevas, Premio Nacional". culturaydeporte.gob.es (en castelán). 9 de otubro de 2023. Consultado o 9 de outubro de 2023.