Piloña
Coordenadas: 43°20′04″N 5°19′51″O / 43.3343273, -5.33077839694
Piloña é un concello de Asturias, situado a oriente do seu territorio. Linda polo norte con Villaviciosa e Colunga, polo leste con Parres, polo oeste con Nava e Cabranes e polo sur con Ponga, Casu e Sobrescobiu. A capital municipal é a localidade de L'Infiestu.

De acordo con datos do INE, en 2007 contaba cunha poboación de 8.243 habitantes.
Xeografía Editar
A área municipal é de 283,89 km². O territorio de Piloña é montañoso, con vales profundos e estreitos, e montes non moi altos, mais de pendente pronunciada. A maior parte do terreo municipal corresponde a unha depresión terciaria, de dirección leste-oeste, que percorre o río Piloña. Coñécense bos bancos de carbón en La Marea, e outros menores en Sotiello e Boriñes. Hai tamén faixas de lousa na serra de Ques e na serra de Cayón.
O río principal é o Piloña, tributario pola esquerda do río Sella. A vía principal de comunicacións é a estrada N-634.
Clima Editar
O clima é de tipo oceánico, húmido, chuvioso e temperado. A media anual de temperaturas é de 12 °C.
Parroquias do concello Editar
Economía Editar
Piloña é historicamente unha área en retroceso poboacional. O concello tiña uns 20.000 habitantes en 1930; 8,799 en 2001; e 8,440 en 2005. A súa economía é principalmente agropecuaria, con cría de gando para leite e carne, xunto con certa explotación forestal.
Ten algunha industrais. Son basicamente de fabricación de mobles e sidra, unha planta que procesa o leite da zona e unha fábrica de caramelos e outros produtos doces (esta en Villamayor).
As poboacións máis importantes son L'Infiestu (que ten arredor do 20% da poboación municipal), Villamayor e Sebares. As tres están sobre as beiras do río Piloña.
Historia Editar
Existe un asentamento prehistórico na cova de Sidrón, preto da localidade de Vallobal, da que se extraeron restos de neandertais.
Ligazóns externas Editar
- Federación Asturiana de Concellos Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Piloña |