Casu
Coordenadas: 43°10′38″N 5°20′00″O / 43.17722, -5.33333
Casu (en castelán: Caso) é un concello do Principado de Asturias.[1] En 2014 tiña unha poboación de 1.704 habitantes.
Limita ao norte con Piloña, ao oeste con Aller e Sobrescobio, ao leste con Ponga e ao sur coa provincia de León. Forma parte, practicamente na súa totalidade, do Parque Natural de Redes. Nel nace o río Nalón.
Está formado polas parroquias de Bueres, Caliao, El Campu, Coballes, La Felguerina, Orllé, Sobrecastiellu, Tañes, Tarna e El Tozu. A capital do concello é El Campu.
NotasEditar
- ↑ TURESPAÑA (2007-04-23). "Parque Natural de Redes: visitar el Parque Natural de Redes". Spain.info (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2016. Consultado o 2019-02-01.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casu |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |