Parque Natural de Redes
Redes | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | Parque natural | ||
Ano de constitución: | 1996 | ||
Superficie: | 37.803 hectáreas | ||
Lexislación: | |||
Datos de interese | |||
País: | ![]() | ||
Provincias: | ![]() | ||
Concellos: | Caso, Sobrescobio | ||
Ríos: | Nalón | ||
Picos | Picu Torres (2.104 metros) | ||
Direccións de interese: | Centro de Visitantes Campo de Caso | ||
Teléfonos: | 985 60 81 10 |
O Parque Natural de Redes atópase en Asturias na Comarca do Nalón.
Descrición do parqueEditar
Este parque, contén unha das forestas de faias máis importantes da Cordilleira Cantábrica. A súa gran extensión e bo grao de conservación fan posible a presenza dunha gran mostra da fauna do bosque caducifolio. Foi declarada Reserva da Biosfera no 2001.
Flora e faunaEditar
Ademais das faias, son destacábeis as fragas de carballos (quercus petraea), o freixo e o acivro (Ilex aquifolium). Entre os arbustos pódense nomear a arandeira (vaccinium myrtillus) ou a queiroa (calluna vulgaris). O rebezo, o corzo, o lobo, o gato montés, a marta, o leirón rabudo, a lebre de piornal e a lebre europea son os mamíferos máis representativos e habituais. Presenza esporádica do oso pardo, namentres o cervo foi reintroducido hai décadas. Nas aves cómpre salientar a arcea, o peto mediano, peto negro, peto real e a aguia real.
Galería de imaxesEditar
Parque natural de Redes, ao fondo os Picos de Europa.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Natural de Redes |