Boyanka Kostova (grupo musical)

dúo galego de música trap

Boyanka Kostova é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.[1][2][3]

Boyanka Kostova
OrixeSantiago de Compostela, Galicia Galicia
Período2016-presente
Xénero(s)trap
Selo(s) discográfico(s)La Melona, Mushroompillow
MembrosCibrán García (Saibran Yiyi)
Chicho (O Chicho do Funk)
Páxina webBandcamp

Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego. As súas cancións están cheas de retranca e unha gran esencia da música urbana.

DiscografíaEditar

Álbum Ano Selo Notas
(Maqueta) 2016 autoeditado maqueta
Vella Canción Galega 2018 La Melona EP
Nova Canción Galega 2019 La Melona
Os dous de sempre 2020 Mushroompillow EP

NotasEditar

  1. "Boyanka Kostova: O trap en galego chega a Riazor". Praza Pública. Consultado o 15 de novembro de 2018. 
  2. "Boyanka Kostova, el trap en gallego y el 'twerking' rural". El Confidencial. Consultado o 15 de novembro de 2018. 
  3. "Boyanka Kostova, el dúo pionero del trap en gallego". La Voz de Galicia. Consultado o 15 de novembro de 2018. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar