Boyanka Kostova

halterófila búlgara

Boyanka Kostova (en búlgaro: Боянка Костова), nada en Plovdiv o 10 de maio de 1993, é unha deportista búlgara, naturalizada acerbaixana, que compite en halterofilia.[1] Disputou os Xogos Olímpicos de 2012 na categoría de 58 kg, rematando no quinto lugar, aínda que máis tarde foi descualificada por dopaxe.

Infotaula de personaBoyanka Kostova
Biografía
Nacemento10 de maio de 1993 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
Plovdiv, Bulgaria Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAcerbaixán Editar o valor em Wikidata
Altura150 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhalterófilo Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaBulgaria
Acerbaixán Editar o valor em Wikidata
Deportehalterofilia Editar o valor em Wikidata
Participou en
2015Campeonato Mundial de Halterofilismo de 2015 - Até 58 kg feminino (pt) Traducir (1ª)
2012Halterofilismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2012 - Até 58 kg feminino (pt) Traducir
2010Halterofilismo nos Jogos Olímpicos de Verão da Juventude de 2010 - Até 53 kg feminino (pt) Traducir (1ª) Editar o valor em Wikidata

Olympic.org: boyanka-kostova Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Tras proclamarse campioa de Europa en Antalya, participou nos Xogos Olímpicos de 2012, na categoría de 58 kg, levantando un total de 233 kg, o que lle valeu o quinto posto e un diploma olímpico. Con todo, en xuño de 2016, tras o escándalo de dopaxe ruso, a IWF anunciou que as segundas probas das mostras tomadas nos Xogos Olímpicos indicaron que Kostova dera positivo en dúas substancias prohibidas: dehidroclorometiltestosterona e estanozolol, o que supuxo a retirada de todos os resultados e medallas obtidas dende o día que se tomou a mostra en 2012 ata 2016.[2] En novembro de 2016 a Comisión Disciplinaria do COI descualificouna dos Xogos Olímpicos de 2012.[3]

En maio de 2021, pouco despois do Campionato de Europa no que gañou o ouro,[4] volveu dar positivo por estanozolol. En outubro de 2021, foi suspendida durante oito anos, ao ser a súa segunda infracción por dopaxe.[5][6][7]

A principios de 2022 foi detida por narcotráfico en Bulgaria. Foi condenada a 3 anos de prisión, pero a súa condena foi reducida ata novembro de 2022 para comezar unha carreira de adestradora e estudar na NSA baixo a vixilancia de Lachezar Kishkilov, quen fora o seu adestrador.[8]

Na cultura popular editar

O dúo galego de trap Boyanka Kostova tomou o seu nome despois de coñeceren á deportista a través do televisor.[9][10]

Notas editar

  1. "Athletes Switching Nationalities in Spotlight at London Olympics" (en inglés). 16 de xullo de 2012. Consultado o 1 de xuño de 2023. 
  2. "PUBLIC DISCLOSURES" (en inglés). 15 de xuño de 2016. Consultado o 1 de xuño de 2023. 
  3. "IOC sanctions seven athletes for failing anti-doping tests at Beijing 2008 and London 2012" (en inglés). 25 de novembro de 2016. Consultado o 1 de xuño de 2023. 
  4. Shefferd, Neil (5 de abril de 2021). "Kostova wins closely fought women’s 59kg category on third day of European Weightlifting Championships" (en inglés). Consultado o 1 de xuño de 2023. 
  5. Oliver, Brian (1 de outubro de 2021). "Weightlifter Kostova suspended for eight years - after life bans for doctor and coach" (en inglés). Consultado o 1 de xuño de 2023. 
  6. "The ITA asserts apparent anti-doping rule violation against Azerbaijani weightlifter" (en inglés). 21 de maio de 2021. Consultado o 1 de xuño de 2023. 
  7. Oliver, Brian (23 de maio de 2021). "Olympic Games weightlifting doper Kostova tests positive again" (en inglés). Consultado o 1 de xuño de 2023. 
  8. "Световна шампионка в Сливенския затвор за разпространение на наркотици" (en búlgaro). 25 de outubro de 2022. Consultado o 1 de xuño de 2023. 
  9. ""Estannos a recibir como unha movida un pouco estraña que non saben ben por onde coller"". Nós Diario. 14 de decembro de 2018. Consultado o 1 de xuño de 2023. 
  10. "El fenómeno trap de Boyanka Kostova". Radio 3 (en castelán). 3 de setembro de 2017. Consultado o 1 de xuño de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar