Manuel Gato
Manuel Gato Thomason, nado en Alacant o 28 de xaneiro de 1984, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo é o Racing CF Benidorm.
(2014) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 28 de xaneiro de 1984 (40 anos) Alacant, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | Gato | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2004 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarNa tempada 2007–08 fichou polo Pontevedra CF, de Segunda División B (Grupo 1), onde permaneceu dúas campañas. Nese primeiro ano, adestrado por Javi Gracia, participou en 36 encontros e anotou 6 goles, sendo o dianteiro titular do equipo e logrando o cuarto posto na liga, clasificándose para a eliminatoria de ascenso a Segunda División (onde caeron no play-off fronte o AD Ceuta). Na tempada 2008–09 xogou 35 partidos e marcou 5 goles, sendo adestrado inicialmente polo galego Rafa Sáez e desde a xornada 21 por José Aurelio Gay. Foi o terceiro goleador do cadro de xogadores, por detrás de Charles e Yuri (9 goles, ambos) e anotando os mesmos tantos que Alejandro Vázquez. Ese ano o conxunto pontevedrés logrou o duodécimo posto na táboa.
Na tempada 2009–10 fichou polo Alicante CF, de Segunda División B (Grupo 3). No conxunto alacantino, adestrado polo asturiano Vicente Borge, participou en 17 partidos e anotou 6 goles, foi un dos principais atacantes do equipo, xunto con Sergio Postigo e Jon Uriarte.
En xaneiro de 2010 fichou polo UB Conquense de Segunda División B (Grupo 2). No conxunto manchego, adestrado por Eloy Jiménez, xogou 16 partidos e marcou 4 goles, logrando a final da campaña o décimo posto da clasificación. Debutou con gol nunha vitoria a domicilio fronte o CD Leganés (1–4), na xornada 21.