Alicante Club de Fútbol
O Alicante Club de Fútbol (en valenciano: Alacant Club de Futbol) é un club de fútbol español da cidade de Alacant, na Comunidade Valenciana. Foi fundado en 1918 e xoga no grupo IV da Rexional Preferente da Comunidade Valenciana, logo de sufrir dous descensos consecutivos.
Alicante CF | |||
---|---|---|---|
Nome | Alicante Club de Fútbol | ||
Alcume(s) | Alicantinistas, Celestes, Moros | ||
Fundación | 1918 | ||
Estadio | Campo Municipal de Villafranqueza, Alacant, España | ||
Inauguración | 1979 | ||
Capacidade | 4.000 | ||
Presidente | Raúl Díez Castillo | ||
Adestrador | Joserra | ||
Liga | Rexional Preferente | ||
2011-12 | 19º (Terceira División) | ||
Na rede | |||
http://www.alicantecf.es/ | |||
| |||
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta azul, pantalón branco e medias azuis.
- Uniforme alternativo: Camiseta laranxa, pantalón laranxa e medias laranxas.
- Terceiro uniforme: Camiseta negra con raia gris, pantalón negro e medias negras.
Estadio
editarXoga o "Campo Municipal de Villafranqueza" propiedade do Concello, cun contrato de exclusividade. Ten unha capacidade de 4.000 espectadores.
Datos do club
editar- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 5
- Tempadas en 2ª B: 8
- Tempadas en 3ª: 45
- Tempadas en Rexional Preferente: 23 (Incluída a 2012/13)
- Mellor posto na liga: 3º (2ª División tempada 1939-40)
- Peor posto na liga: 20º (2ª División tempada 2008-09)
Xogadores
editarCadro 2009/10
editar
|
|
Palmarés
editarTorneos nacionais
editarFilial
editar- Artigo principal: Alicante Club de Fútbol B.
O Alicante B é o equipo filial do Alicante Club de Fútbol. Militou durante tres tempadas en Terceira División (2004-2007), e na tempada 2007-08 ascendeu novamente a Terceira tras unha campaña en Rexional Preferente.