Alejandro Vázquez Palacio
Alejandro Vázquez Palacio, nado en Xixón o 4 de novembro de 1976, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 4 de novembro de 1976 (48 anos) Xixón, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarNa tempada 2003–04 fichou polo Pontevedra CF, de Segunda División B (Grupo 1). Debutou na primeira xornada, da man do adestrador José Aurelio Gay, nunha vitoria en Pasarón fronte o CD Ourense (2–0). Nesa campaña foi un habitual na defensa granate, xunto con Mauro García, David Casablanca e Fede Bahón, participando en 34 partidos e anotando 4 goles. Ese ano lograron o ascenso a Segunda División, tras vencer no Grupo 1 na liga regular e ser campións do Grupo B na liguiña de ascenso, no que estaban enfrontados a CD Mirandés, Lorca Deportiva e CD Badajoz.
Na tempada 2004–05 debutou en Segunda División, no retorno do equipo pontevedrés á categoría de prata 27 anos despois da súa anterior participación (na tempada 1976–77). O seu primeiro partido en Segunda División produciuse na primeira xornada, nunha derrota en Pasarón fronte o Poli Ejido (0–1). Este ano participou en 29 partidos e marcou 1 gol, que chegou na xornada 13 nunha vitoria fronte o Xerez CD (2–1), sendo ademais o seu único gol en Segunda División. O equipo, que na xornada 22 mudaría o adestrador polo galego Alberto Argibay, non logrou manter a categoría e descendeu a Segunda División B como último clasificado, a 3 puntos da salvación.
Até a tempada 2009–10 permaneceu no Pontevedra CF, participando nun total de 206 partidos de liga e anotando 15 goles. Desde a tempada 2005–06 foi adestrado por Javi Gracia, Rafa Sáez, José Aurelio Gay (novamente), Roberto Aguirre e Pablo Alfaro.
Na tempada 2010–11 fichou polo CF Badalona, de Segunda División B (Grupo 3). Debutou na primeira xornada, nun empate a domicilio fronte o CE L'Hospitalet (1–1), da man do adestrador Manolo Márquez. Ese ano xogou 35 partidos e anotou 3 goles, logrando o segundo posto na clasificación. Na tempada 2011–12 participou en 30 partidos e marcou 2 goles, logrando o terceiro posto da táboa.