José Aurelio Gay

José Aurelio Gay López, nado en Madrid o 10 de decembro de 1965, é un exfutbolista español e actual adestrador de fútbol. Xogaba de centrocampista.

José Aurelio Gay
Información persoal
Nome José Aurelio Gay López
Nacemento 10 de decembro de 1965 (58 anos)
Lugar de nacemento Madrid
Altura 1,74 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1984–1988 Castilla 109 (14)
1988–1991 Espanyol 80 (12)
1991–1996 Zaragoza 114 (20)
1996–1997 Oviedo 13 (0)
1997–1999 Toledo 30 (2)
Total 346 (48)
Selección nacional
1983 España sub-18 1 (0)
1985 España sub-19 1 (0)
1985 España sub-20 6 (0)
1985 España sub-21 2 (1)
Adestrador
1999–2000 Toledo
2001–2002 Real Madrid C
2002–2005 Pontevedra
2005–2006 Real Jaén
2006 Lorca Deportiva
2007–2008 Fuenlabrada
2008–2009 Pontevedra
2009 Zaragoza B
2009–2010 Zaragoza
2012–2013 Racing de Santander
2013–2015 Real Madrid C
2016 Palencia
2019–2021 Espanyol B
Na rede
FIFA: 193073 UEFA: 19247 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Como xogador editar

Nado en Madrid, Gay comezou a súa carreira nas categorías inferiores do Real Madrid, chegando a xogar no Castilla CF. Durante a súa etapa madridista, participou coa selección de España sub-20 no Campionato Mundial da FIFA, xogando cinco partidos como titular e outro como substituto.

Logo de dúas tempadas en Segunda División, Gay fichou polo RCD Espanyol da Primeira División en 1988. Marcou dous goles en 17 partidos na súa primeira tempada, na que o equipo descendeu. Estableceuse no once titular do club durante as seguintes dúas tempadas en Segunda e Primeira (1990-91), sendo o segundo máximo goleador do equipo nesta última con cinco goles, só por detrás do alemán Wolfram Wuttke.

José Aurelio fichou polo Real Zaragoza en 1991. En tempadas consecutivas, axudou aos aragoneses a gañar a Copa do Rei en 1994 e a Recopa do ano seguinte, aínda que tivo unha grave lesión. Abandonou o club no verán de 1996.

As últimas tres tempadas da súa carreira pasounas no Real Oviedo e o CD Toledo, cos que pasou dous anos en Segunda División, aínda que só xogou 43 partidos de liga. Retirouse en 1999 aos 33 anos.

Como adestrador editar

Logo do seu retiro, adestrou ao seu último club, o CD Toledo durante unha tempada. A partir de entón adestrou a varios equipos de diferentes categorías: Real Madrid C, Pontevedra CF (co que acadou o ascenso a segunda división, sendo destituído a mediados da tempada seguinte), Real Jaén, Lorca Deportiva CF, CF Fuenlabrada e Real Zaragoza B. O 12 de decembro de 2009 substituíu a Marcelino García Toral no primeiro equipo. Aínda que debutou cunha derrota ante o Real Madrid (6-0) e que ocupaba posicións de descenso en febreiro, os xogadores que chegaron no mercado de inverno levaron ao Real Zaragoza á 14ª posición. Na tempada seguinte, en novembro de 2010, co equipo na última posición, Gay foi despedido e substituído por Javier Aguirre.

Na tempada 2012–13 foi contratado polo Racing de Santander, en substitución de Fabri González, sendo o terceiro adestrador nesa campaña. O 5 de marzo de 2013 foi destituído, sendo substituído por Alejandro Menéndez.[1]

Palmarés editar

Como xogador editar

Notas editar

  1. ""Alejandro Menéndez, nuevo entrenador verdiblanco"". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2013. Consultado o 21 de abril de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar