Manuel Crespo Alfaya

político galego

Manuel Crespo Alfaya, nado en Ponteareas o 22 de decembro de 1918[1] e finado en Pontevedra o 2 de abril de 2006,[2] foi un político galego.

Manuel Crespo Alfaya
Nacemento22 de decembro de 1918
Lugar de nacementoPonteareas
Falecemento2 de abril de 2006
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
FillosPablo Crespo
IrmánsCarlos Crespo Alfaya
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Manuel Crespo Medal, secretario do Concello de Pazos de Borbén, e Engracia Alfaya Cerdeira.[3] Estudou Maxisterio e fíxose mestre. Foi oficial maior e secretario comarcal do Frente de Juventudes de Pontevedra e despois secretario provincial. Manuel Crespo Alfaya foi un home de peso na ditadura, funcionario e xefe dos servizos técnicos, foi secretario local de FET y de las JONS en Pontevedra e secretario da Obra Social do Movimiento nos anos 50, nos anos 60 delegado do Ministerio de Información e Turismo que dirixía Manuel Fraga Iribarne. Promoveu a Festa do Marisco do Grove. Foi un dos fundadores de Alianza Popular. Pío Cabanillas nomeouno delegado de Cultura en 1977,[4] converténdoo no seu home de confianza na cidade de Pontevedra. Crespo Alfaya coñeceu a Mariano Rajoy e converteuse nun dos seus principais homes de confianza, e logo ao seu sucesor na Deputación, Xosé Cuíña.

Rajoy nomeouno en 1986 Xefe do Gabinete Técnico cando Xerardo Fernández Albor lle ofreceu a Vicepresidencia da Xunta de Galicia, cargo do que cesou a petición propia o 16 de outubro de 1987. Crespo Alfaya pasou a ser conselleiro da CRTVG, posto ao que tamén renunciou.

ObrasEditar

RecoñecementosEditar

Vida persoalEditar

Casou en Pontevedra con María Teresa Freijeiro Villaverde en 1946.[5] Enviuvou en 1951,[6] casou con María de los Remedios Sabarís e foi pai do tamén político Pablo Crespo Sabarís.

NotasEditar

  1. El Tea, 13-1-1919, p. 2.
  2. Diario de Pontevedra, 3-4-2006, p. 26.
  3. El Pueblo Gallego, 29-6-1935, p. 12.
  4. La Voz de Galicia, 8-11-1977, p. 9.
  5. Ciudad, 9-12-1946, p. 5.
  6. El Pueblo Gallego, 22-6-1951, p. 2.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar