Carlos Crespo Alfaya

mestre e político galego

Carlos Crespo Alfaya, nado en Ponteareas o 6 de abril de 1922[1] e finado en Pontevedra en setembro de 2004, foi un político galego.

Infotaula de personaCarlos Crespo Alfaya
Biografía
Nacemento6 de abril de 1922 Editar o valor em Wikidata
Ponteareas, España Editar o valor em Wikidata
Mortesetembro de 2004 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsManuel Crespo Alfaya Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Manuel Crespo Medal, secretario do Concello de Pazos de Borbén, e Engracia Alfaya Cerdeira, e irmán de Manuel Crespo Alfaya. Estudou bacharelato en Pontevedra. Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 exerceu como mestre interino. Ingresou no Partido Comunista de España en 1942. Marchou a Madrid a estudar Químicas e foi detido alí a principio de xuño de 1948, cando caeu a organización comunista na provincia de Pontevedra, e tamén foron detidos Manuel López Esperón, Severino Domínguez Rey, Jesús Carrera Barreiro e Gonzalo Velasco. Torturado, foi xulgado e en consello de guerra e condenado a dez anos de prisión. Cumpriu condena durante catro anos en Vigo, A Coruña e Santoña. Saíu en liberdade vixiada en xullo de 1952.[2] Enfermo, residiu dous anos coa súa nai e a súa sobriña en Guadalaxara. Regresou a Galicia. Acollido por un amigo en Barrantes que lle ofreceu traballo de contábel, montou despois unha academia. Nos anos sesenta conmutáronlle os antecedentes penais, e puido presentarse e aprobar as oposicións. Foi destinado á escola da Escusa (Ribadumia) en 1967.[3] Membro do PCG e de Esquerda Unida dende a súa fundación e de Comisións Obreiras.

Obras editar

  • A pesca en Galicia, 1983. Con Antón Rozas Caeiro e outros.

Notas editar

  1. El Tea, 3-5-1922, p. 3.
  2. BOE, 22-8-1952, p. 3908-3909.
  3. Escuela Española, 11-10-1967, p. 1662.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar