Manuel Cantero

Manuel Cantero de San Vicente González y Gonzalo, nado en Madrid o 21 de setembro de 1804 e finado, tamén, en Madrid o 6 de decembro de 1876[1], foi un economista e político español.

Manuel Cantero
Manuel Cantero San Vicente.jpg
Ministerio de Facenda
Período24 de novembro de 1843 - 1 de decembro de 1843
AntecesorMateo Miguel Ayllón Alonso
SucesorJosé Díaz de Serralde
Ministerio de Facenda
Período17 de xullo de 1854 - 20 de xullo de 1854
AntecesorJacinto Félix Domenech
SucesorJosé Manuel Collado y Parada
Ministerio de Facenda
Período14 de xullo de 1856 - 20 de setembro de 1856
AntecesorFrancisco Santa Cruz
SucesorPedro Salaverría
Gobernador do Banco de España
Período1868-1876
AntecesorJuan Bautista Trúpita
SucesorPedro Salaverría
Datos persoais
Nacemento21 de setembro de 1804
 Madrid
Falecemento6 de decembro de 1876
 Madrid
OrganizaciónPartido Progresista
Profesiónpolítico e economista
Manuel Cantero-sinatura.jpg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi alcalde de Madrid dende o 23 de decembro de 1835 até o 9 de setembro de 1836[1].

Ocupou un escano no Congreso dos Deputados por Madrid e por Valladolid en 1836, 1839, 1840, 1841 e 1843, e por Sevilla en 1846 e 1854, durante o reinado de Isabel II. Tamén foi ministro de Facenda en varias ocasións: entre novembro e decembro de 1843 (no primeiro gabinete da Década Moderada), en xullo de 1854 (antes do regreso ao goberno de Baldomero Espartero) e entre xullo e setembro de 1856[2].

Foi nomeado senador vitalicio en 1851[1]. Apoiou a revolución de 1868 e foi membro da Xunta Superior Revolucionaria.[3] Trala caída de Isabel II e establecido o Sexenio Democrático, foi novamente elixido deputado polo distrito electoral de Xátiva nas eleccións xerais de 1869 e senador pola provincia de Huesca en 1872 e en 1876.

Foi gobernador do Banco de España desde outubro de 1868 até a súa morte en decembro de 1876.

RecoñecementosEditar

O 27 de febreiro de 1834, foi nomeado Cabaleiro da Orde de Carlos III[4].

CargosEditar

Predecesor:
Mateo Miguel Ayllón Alonso
Ministerio de Facenda
 

1843 - 1843
Sucesor:
José Díaz de Serralde
Predecesor:
Jacinto Félix Domenech
Ministerio de Facenda
 

1854 - 1854
Sucesor:
José Manuel Collado y Parada
Predecesor:
Francisco Santa Cruz
Ministerio de Facenda
 

1856 - 1856
Sucesor:
Pedro Salaverría
Predecesor:
Juan Bautista Trúpita
Gobernador do Banco de España
1868 - 1876
Sucesor:
Pedro Salaverría

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Expediente personal de D. Manuel Cantero de San Vicente". senado.es. Consultado o 17-08-2017. 
  2. Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). Gobiernos y ministros españoles en la Edad Contemporánea. Col. Biblioteca de Historia (2ª corrixida e aumentada ed.). CSIC. pp. 45–56. ISBN 978-84-00-08737-1. 
  3. de la Fuente (2000), p. 69
  4. "Cantero". blasoneshispanos.com. Consultado o 17-08-2017. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Fuente Monge, Gregorio de la (2000). Los revolucionarios de 1868: élites y poder en la España liberal. Madrid: Marcial Pons. Col. Ediciones de Historia. ISBN 84-95379-16-3. 
  • Paniagua, Javier; Piqueras, José A. (2004). Diccionario biográfico de políticos valencianos 1810-2003. Valencia: Institució Alfons o Magnànim. ISBN 847822386X. 

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar