María Victoria de la Fuente Alonso

pintora galega
(Redirección desde «M. Victoria de la Fuente»)

María Vitoria de la Fuente Alonso, nada en Vigo en 1927 e finada en Madrid o 28 de setembro de 2009,[1] foi unha pintora galega.

Infotaula de personaMaría Victoria de la Fuente Alonso
Biografía
Nacemento1927 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de setembro de 2009 Editar o valor em Wikidata (81/82 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Orixe editar

Filla e neta de arquitectos (o seu pai era Jenaro de la Fuente Álvarez e o seu avó Jenaro de la Fuente Domínguez), a partir de 1945 pasou tempadas en Madrid, onde asiste ao estudo do pintor Xulio Moisés, quen lle deu clases de pintura. A finais desta década foi alumna libre da Escola de San Fernando.

Cubismo e expresionismo editar

En 1953 empezou a participar en mostras colectivas. Viaxou a París e descubriu directamente aos mestres do cubismo: Picasso, Braque e Juan Gris. Tamén viaxou aos Países Baixos para entusiasmarse con Rembrandt e Vermeer; e a Italia onde coñeceu as obras de Mario Sironi e Giorgio Morandi.

O seu interese pola pintura mural levouna a realizar algúns traballos nesa técnica, nun estilo expresionista de factura lírica.

En 1962 obtivo o premio da crítica pola súa exposición individual no Ateneo. En 1964 casou co pintor Máximo de Pablo e conseguiu os premios Abril e Familia Española, así como unha bolsa da Fundación March.

Nas Nacionais de Belas Artes de 1965 e 1967 obtivo a terceira e segunda medallas, respectivamente. Abandonará Madrid para instalarse no Levante español, nunha aldea de salinas e pescadores, pero segue visitando periodicamente a capital española e a súa cidade natal, onde realizou diversas exposicións.

Obra en museos editar

Ten obra no Museo de Arte Contemporánea de Madrid, nos de Galiza no Museo de Pontevedra por exemplo, e noutros moitos[Cómpre clarificar] de España, Europa e América.[Cómpre referencia]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar