Juan Gris
José Victoriano González-Pérez , de nome artístico Juan Gris, nado en Madrid o 23 de marzo de 1887 e finado en Boulogne-Sur-Seine o 11 de maio de 1927, foi un pintor español que desenvolveu a súa actividade principalmente en París. É considerado un dos mestres do cubismo.
Juan Gris | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | José Victoriano González-Pérez |
Nacemento | 23 de marzo de 1887 e 1887 |
Lugar de nacemento | Madrid |
Falecemento | 11 de maio de 1927 e 1927 |
Lugar de falecemento | Boulogne-Billancourt e París |
Causa | insuficiencia renal |
Soterrado | Cimetière de l'Ouest |
Nacionalidade | España |
Ocupación | pintor, escultor, debuxante, ilustrador, architectural draftsperson, escenógrafo, gravador e artista visual |
Coñecido por | Carafe and Book, Portrait of Pablo Picasso, A botella de anís e The blue Carpet |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

TraxectoriaEditar
Nado en Madrid o 23 de marzo de 1887, estudou na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal. Traballou para publicacións como Blanco y Negro e Madrid Cómico.
En 1906 trasladouse a París, onde coñeceu a Pablo Picasso e a Georges Braque. Os primeiros anos gañou a vida debuxando para as revistas L'Assiette du Beurre (O prato de manteiga) e Charavari (Chocallada).
Durante a primeira guerra mundial, aínda en París, realizou a súa primeira exposición individual en 1919. Durante a década de 1920 a súa saúde empeorou gravemente, falecendo xusto aos corenta anos, en Boulogne-Sur-Seine o 11 de maio de 1927.
ObraEditar
As súas primeiras obras cubistas datan de 1912, ano en que expón no Salón dos Independentes de Barcelona a súa "Homaxe a Picasso". Asina un contrato en exclusiva co marchante Henry Kahnweiler, quen morre en 1914. O ano seguinte pasou o verán con Picasso en Céret, período en que comezou a desenvolver a técnica do papier collé (formas recurtadas en papel e pegadas no lenzo).
Entre 1922 e 1924 realiza escenografías para dous ballets de Sergei Diagilev, Les tentations de la Bergère (As tentacións da pastora) e La Colombe (A pomba), ao tempo que continuaba a pintar. Logo de 1925 utilizou sobre todo a guaxe e mais a acuarela, e realiza algunhas ilustracións para libros.
As súas teorías pictóricas figuran recollidas en numerosos artigos e conferencias.
Obras destacadasEditar
Parte das súas pinturas cubistas son naturezas mortas, entre as que se inclúen Guitarra e botella (1917, Museo de Arte de Filadelfia), O taboleiro de xadrez (1917, Museo de Arte Moderna de Nova York) e Botella e froiteiro (1919, Museo Thyssen-Bornemisza, Madrid). Tamén tratou outros temas, como mostra en O fumador (1913, Museo Thyssen-Bornemisza). Un exemplo da seua técnica de papier collé é Gotas e xornal (1914, Museo de Arte do Smith College, Northampton, Massachusetts).
GaleríaEditar
....., 1914, Tate Gallery, London.
Guitarra e mandolina, 1919, Galerie Beyeler, Basel