Luciano Fariña Couto

funcionario e profesor galego

Luciano Fariña Couto, nado en Cambados o 13 de xaneiro de 1916 e finado en Pontevedra o 9 de decembro de 2011,[1] foi un funcionario e profesor galego.

Infotaula de personaLuciano Fariña Couto
Biografía
Nacemento13 de xaneiro de 1916 Editar o valor em Wikidata
Cambados, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de decembro de 2011 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario , profesor de ensino secundario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosLuciano Fariña Busto, Francisco Fariña Busto Editar o valor em Wikidata
IrmánsLuís Fariña Couto Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 355192 BUSC: farina-couto-luciano-1916-2011 Dialnet: 1295948

Traxectoria editar

Formou parte do Seminario de Estudos Galegos, onde ingresou como membro en febreiro de 1933[1] coa lectura de ingreso, publicada despois na revista Nós, contando coa colabaración de Xurxo Lorenzo Fernández, baixo o título Tres estacións de arte rupestre da serra do Leboreiro.[1][2][3] Foi presidente da Juventud de Acción Católica de Cambados[4][5] entre os anos 1933 e 1942.[1]

Tras principiar os estudos en 1932 na Universidade de Santiago de Compostela,[1] licenciousue en Filosofía e Letras pola Universidade de Valladolid[3] en 1940 e en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1955,[1] nesta última doutorouse coa tese La legislación de los sínodos diocesanos de Orense en los siglos XV y XVI, sobre los sacramentos del bautismo, penitencia, eucaristía y matrimonio[3][6] baixo a dirección de Paulino Pedret[1] en 1964,[7] completando previamente os estudos de Graduado Social en 1951 e mais os de Perito Mercantil no ano 1956.[1]

Incorporouse a filas durante a guerra civil española en Valladolid no ano 1937, serviu como administrativo no sanatorio antituberculoso da FET y de las JONS Onesimo Redondo de Valladolid,[1] dirixido polo médico galego Luís de Castro García.[8][9]

Dedicouse á docencia, comezando esta actividade no ano 1940, dando clases en diferentes institutos de ensino secundario de Galicia, así como profesor axudante na Universidade de Santiago de Compostela durante a década de 1960.[1]

Accedeu ó corpo técnico do Instituto Nacional de Previsión (INP) en 1945,[10] primeiro con destino en Madrid, o ano seguinte en Barcelona, para trasladarse a Ourense en 1947, onde se reencontrou cos membros do Seminario de Estudos Galegos, en 1962 a Santiago de Compostela e no ano 1966 á Coruña. En 1972 foi nomeado administrador de Institucións sanitarias en Pontevedra dependente da Delegación provincial do INP.[1] Como membro da Falange, foi nomeado subxefe provincial do Movimiento Nacional en Ourense no ano 1958,[11] cesou un ano despois, asumindo o posto de director do Taller-Escuela Sindical de Formación Profesional 12 de Octubre de Ourense. Foi tamén concelleiro entre os anos 1960 e 1962 no concello de Ourense.[1]

Vida persoal editar

Fillo de Luis Fariña Gómez, procurador dos tribunais, foi irmán de Luís Fariña Couto. Casou con Francisca Busto Rodríguez en 1945[10] e foi o pai de Luciano e Francisco Fariña Busto.

Obra editar

Heráldica editar

Obras colecctivas editar

Artigos editar

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 Álbum de Galicia, Luciano Fariña Couto.
  2. Lorenzo Fernández, Xurxo; Fariña Couto, Luciano (23-07-1933). "Tres estacións de arte rupestre da Serra do Leboreiro". Nós (Ano XV, nº: 115): 124–132. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Gran Enciclopedia Galega, Fariña Couto, Luciano, 1916-2011.
  4. "Cambados lembra os aniversarios da Xuventude e do grupo de Acción Católica". Faro de Vigo. 19-08-2009. Consultado o 29-02-2024. 
  5. Costa, Bea (30-08-2009). "Paredes cargadas de historia". La Voz de Galicia. Consultado o 29-02-2024. 
  6. Fariña Couto, Luciano (1965-1966). "La legislación de los sínodos diocesanos de Orense en los siglos XV y XVI, sobre los Sacramentos del Bautismo, Penitencia, Eucaristía y Matrimonio". Boletín da Universidade de Santiago de Compostela (Universidade de Santiago de Compostela). 
  7. "Lectura de tesis doctoral". La Noche (en castelán). 08-12-1964. Consultado o 29-02-2024. 
  8. Ponte, Fernando; de Castro, Álvaro (23-08-2021). "Luis de Castro García (1912-1977) / Tisiólogo y humanista ourensano". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 01-03-2024. 
  9. Simón Lorda, David; de Castro Palomares, Álvaro (2014). "La Sanidad de la F.E.T y de las J.O.N.S: el Sanatorio Antituberculoso "Onésimo Redondo". Valladolid, 1938-1939". Medicina y poder político: XVI Congreso de la Sociedad Española de Historia de la Medicina: Madrid, 11-13 de junio de 2014 (en castelán). Sociedad Española de Historia de la Medicina. pp. 491–498. ISBN 978-84-617-0024-0. 
  10. 10,0 10,1 "Luciano Fariña Couto: 13-01-1916 - 09-12-2011 : in memoriam" (PDF). Estudios de genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia (Asociación de Genealogía, Heráldica y Nobiliaria de Galicia) (nº: 10): 13–14. 2012. ISSN 1579-2293. Con cariño: A Asociación, os teus compañeiros, familiares e amigos 
  11. "Noticias breves. Nombramientos" (PDF). Boletín da A. C. N. de P. (en castelán) (Asociación Católica Nacional de Propagandistas) (Ano XXXIV, nº: 647-648). 15-30 de decembro de 1958. Depósito legal: M-244-1958. Consultado o 29 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar