Abrir o menú principal

Lucia Bosè

actriz italiana
(Redirixido desde "Lucía Bosé")

Lucia Borloni, nada en Milán o 28 de xaneiro de 1931 é unha actriz italiana coñecida como Lucia Bosè, que acadou a fama durante a época do neorrealismo. É a nai do cantante Miguel Bosé.

Lucia Bosè
Lucia bosè-la settimana incom-9 sett 50.jpg
Bosè en 1950
Nome completoLucia Borloni
Nacemento28 de xaneiro de 1931 (88 anos)
LugarMilán
NacionalidadeItalia Italia
Cónxuxe(s)Luis Miguel Dominguín (1955–1967)
FillosMiguel Bosé
Lucía Dominguín
Paola Dominguín
ProfesiónActriz
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Filla de Domenico Borloni e Francesca Bosè,[1] tras varios anos traballando nunha panadaría da súa cidade, Pasticceria Galli, en 1947 gañou o concurso de beleza de Miss Italia. Actuou nunha curtametraxe de Dino Risi e debutou na pantalla grande en 1950 en Non c'è pace tra gli ulivi, de Giuseppe De Santis. O mesmo ano interpretou a Paola Molon en Cronaca di un amore, de Michelangelo Antonioni. En 1953 volveu actuar para Antonioni en La signora senza camelie e Juan Antonio Bardem escolleuna para o papel protagonista de Muerte de un ciclista (1955).

A súa carreira floreceu ata 1956, cando casou co toureiro español Luis Miguel Dominguín e abandonou a actuación para ocuparse dos seus fillos. En 1960 interpretou un papel sen acreditar en O testamento de Orfeo, de Jean Cocteau e volveu ao cinema a finais da década de 1960.

FilmografíaEditar

NotasEditar

  1. "Expansión". Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2017. Consultado o 10 de decembro de 2017. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar