Abrir o menú principal

Paolo Taviani, nado en San Miniato (Toscana) o 8 de novembro de 1931 e Vittorio Taviani, nado na mesma localidade o 20 de setembro de 1929 e finado en Roma o 15 de abril de 2018[1] son directores de cinema e guionistas italianos. Sempre traballaron xuntos, dirixindo cada un escenas alternas.

Irmáns Taviani
Paolo Taviani and Vittorio Storaro.jpg
Paolo Taviani co director de fotografía Vittorio Storaro en 2010
NacionalidadeItalia Italia
ProfesiónDirectores
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Ambos os dous comezaron as súas carreiras como xornalistas. Chegaron ao mundo do cinema en 1960, dirixindo con Joris Ivens o documental L'Italia non è un paese povero, ao que seguiron Un uomo da bruciare (1962) e I fuorilegge del matrimonio (1963), con Valentino Orsini.

O seu primeiro filme autónomo foi I sovversivi (1967) e gañaron atención con Baixo o signo de scorpio (1969). En 1977 gañaron a Palma de Ouro do Festival de Cannes con Padre padrone.

FilmografíaEditar

ColaboradoresEditar

Nicola Piovani compuxo a banda sonora de oito dos seus filmes, desde La notte di San Lorenzo a Luisa Sanfelice, agás Le affinità elettive, que tivo música de Carlo Crivelli.

Lina Nerli Taviani, esposa de Paolo, foi a deseñadora do vestiario da meirande parte dos seus filmes.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar