Abrir o menú principal

Giuseppe De Santis

director de cinema italiano

Giuseppe De Santis, nado en Fondi o 11 de febreiro de 1917 e finado en Roma o 16 de maio de 1997 foi un director de cinema italiano. Un dos directores máis idealistas do neorrealismo italiano das décadas de 1940 e 1950, escribiu e dirixiu filmes que esixían a reforma social. Era irmán do director de fotografía Pasqualino De Santis.

Giuseppe De Santis
Giuseppe De Santis.jpg
Nacemento11 de febreiro de 1917
LugarFondi, Italia
Falecemento16 de maio de 1997
LugarRoma, Italia
NacionalidadeItalia Italia
Educado enCentro Sperimentale di Cinematografia
Cónxuxe(s)Gordana Miletic
FillosLuisa De Santis
ProfesiónDirector
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Nado no Lacio, foi membro do Partido Comunista Italiano e loitou coa resistencia antialemá durante a Segunda Guerra Mundial. Estudou filosofía e literatura antes de entrar no Centro Sperimentali di Cinematografia de Roma. Mentres traballaba como xornalista para a revista Cinema converteuse, baixo a influencia de Cesare Zavattini, nunha das principais figuras do neorrealismo italiano, que intentaban facer filmes que reflectían a realidade simple e tráxica da vida proletaria, usando actores non profesionais e localizacións reais. En 1942 colaborou no guión de Ossessione, de Luchino Visconti.

Continuaba a traballar na revista mentres incrementaba as súas tarefas como guionista e axudante de director ata o seu debut como director en 1947 con Caccia Tragica. Igual que os seus dous seguintes filmes era unha chamada para mellorar as condicións da clase obreira italiana e os traballadores agrícolas. Falábase tamén de corrupción, mercado negro, colaboracionismo cos alemáns e o trato dos ex soldados.

O seu terceiro filme, Arroz amargo (1950), historia dunha moza que traballa nos campos de arroz e debe escoller entre dous homes socialmente diferentes, converteu a Silvana Mangano nunha estrela. Valeulle ademais unha candidatura ao Oscar ao mellor argumento orixinal.

A principios da década de 1950 o movemento neorrealista estaba decaendo no favor dos críticos e do público. Os novos cineastas comezaban a usar historias dramáticas que se centraban nas relacións persoais e de Santis tamén cambiou o seu estilo. En 1952 filmou Roma ore 11, primeira versión dun accidente real que Augusto Genina volveu rodar o ano seguinte.

En 1959 gañou o Globo de Ouro con La strada lunga un anno, filme producido en Iugoslavia que tamén foi candidata ao Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa.[1] Foi membro do xurado do Festival Internacional de Cinema de Moscú en 1979[2] e en 1985[3]

De Santis faleceu en 1997 aos oitenta anos tras sufrir un ataque ao corazón. Italia declarou un día de loito. Unha parte dos seus arquivos foron doados á Reynolds Library da Wake Forest University e a súa dona e amigos crearon unha fundación co seu nome.

FilmografíaEditar

NotasEditar

  1. "The 31st Academy Awards (1959) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 27 de outubro de 2011. 
  2. "11th Moscow International Film Festival (1979)". MIFF. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2014. Consultado o 14 de xaneiro de 2013. 
  3. "14th Moscow International Film Festival (1985)". MIFF. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2013. Consultado o 8 de febreiro de 2013. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar