Luís López Méndez

diplomático venezolano



Luís Ceferino López Méndez Núñez y Mesa de Aguilar, nado en Caracas en 1758 e finado en Casablanca, Chile, en 1841 foi un avogado e diplomático venezolano.

Infotaula de personaLuís López Méndez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1758 Editar o valor em Wikidata
Caracas, Venezuela Editar o valor em Wikidata
Morte1841 Editar o valor em Wikidata (82/83 anos)
Santiago de Chile Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeVenezuela Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Central de Venezuela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático Editar o valor em Wikidata

Carreira editar

Docente e político editar

Exercera como profesor de filosofía da Universidade de Caracas en 1777 e en 1797 foi elixido alcalde ordinario de Caracas.[1]

Diplomático editar

Misión diplomática da Junta Suprema de Caracas editar

Por mor dos sucesos do 19 de abril de 1810, é enviado como representante da Junta de Caracas á cidade de Londres xunto con Simón Bolívar e Andrés Bello aos fins de obter o recoñecemento do goberno británico que para ese entón tiña como prioridade a derrota militar de Napoleón Bonaparte. Londres, á mantenta do ataque de Bonaparte a países aliados de Gran Bretaña, buscaba sumar aliados á coalición antifrancesa, que até facía pouco oscilaran entre un e outro bando, casos de España no suroeste, e Rusia no nordeste europeo. O grupo saíu o 4 de xuño de 1810 da Guaira a bordo da corveta "Wellington", cedida polo goberno británico, e chegou ao porto inglés de Portsmouth o 29 de xuño.

Coa chegada da delegación o 30 de xuño a Londres, o goberno británico, que apoiaba a Portugal e España -en guerra con Francia desde as guerras napoleónicas e a guerra peninsular, ponderaba dúas circunstancias: dunha parte garantir a continuidade da postura antifrancesa dos peninsulares; e da outra meter presión ao Consejo de Regencia establecido en Cádiz, mediante certo recoñecemento formal aos representantes americanos, para que España abrise ao comercio británico as colonias do Novo Mundo, ao cal se manifestara adversa até entón.

Logo da primeira reunión do 16 de xullo de 1810 co Secretario de Estado de Asuntos Exteriores, o marqués Richard Wellesley, houbo seis encontros máis; o último, o 9 de setembro. Xa o 21 de xullo, Bolívar entrega unha Nota Verbal protestando a esixencia do embaixador español o Duque de Albuquerque, de que se fracasaba a mediación do Reino Unido, este país apoiase a España no sometemento dos rebeldes venezolanos.

Esta actitude de compracencia do goberno británico [en canto a recibir a representantes de Venezuela], levou ao embaixador de España a protestar pola maneira insólita como se atendía aos ‘facciosos venezolanos’ como os chamaba. Wellesley, desexoso de conservar para o Reino Unido a súa posición de mediadora, convidou o embaixador español e aos deputados venezolanos a unha reunión informal para considerar as diferenzas e chegar a un acordo que permitise unir os esforzos do Novo Mundo á guerra contra o inimigo común: Bonaparte.[2] A esta reunión negouse a concorrer a última hora o embaixador español, quen se dirixiu a Wellesley, informándolle que aceptaba a proposta de mediación coa expresa condición de que se non se chegaba a un acordo definitivo, o Reino Unido uniría os seus esforzos diplomáticos e militares aos do Goberno español para debelar a rebelión en Venezuela. Tal intransixencia levou a Bolívar a manifestar ao ministro británico que Venezuela aceptaba a mediación se ela non entrañaba o recoñecemento do Consejo de Regencia, sobre cuxa lexitimidade os venezolanos tiñan serias obxeccións.

Os comisionados venezolanos xunto ao xeneral Francisco de Miranda e José de Antepara asistiron á recepción de estado que lles brindou no Foreign Office o Ministro Richard Wellesley a nome do goberno da súa Maxestade británica Xurxo III.[2] Esta comisión foi aclamada pola prensa británica e obtivo o ofrecemento dun respaldo da frota británica no caso de que Francia atacase ás costas de Venezuela, en apoio ao réxime español das Cortes de Cádiz, cuxo embaixador en Londres volveu protestar polo tratamento altamente honroso dado a "los insurgentes".

Axente de Colombia e comisionado especial de Venezuela en Londres editar

A misión venezolana en Londres, abriu unha primeira ‘fenda’ na opinión pública europea, recibindo atención de xornais como “The Times” que lle dedicou varios artigos co título de "embaixadores da América do Sur". Só isto constituía en si logro significativo, por canto entón en Europa ninguén coñecía dos acontecementos da América hispana. O primeiro ministro Wellesley e os venezolanos acordaron “deixar en Londres un delegado que ‘sacudise a opinión’. Tal rol tomaríao Luís López Méndez, mentres que Wellesley facilitou a Bolívar a corveta "Shaphire" para o seu regreso a Venezuela.

López Méndez e Bello permaneceron en Londres xestionando todo tipo de apoio institucional ademais da subministración de insumos e material de guerra para a independencia de Venezuela e a Nova Granada. López Méndez foi o responsábel de espertar entusiasmo, buscar voluntarios e contratar a mercenarios europeos na súa maioría británicos e alemáns veteranos das guerras napoleónicas (entre eles o doutor Siegert). Polo seu labor Bolívar chamouno “o verdadeiro libertador de Colombia”. Esa tarefa levouna a cabo entre grandes dificultades: o Estado nacente de Venezuela non lle daba apoio económico nin información necesaria para levar a cabo a súa misión, e o goberno británico non o terminaba de recoñecer como embaixador pola súa alianza con España e mesmo tivo que padecer prisión polas débedas que adquiriu.

En 1821 a República de Colombia revogoulle os poderes conferidos e ordenoulle regresar para dar conta da súa misión. Ese episodio constituíu unha fenda que sería fundamental na ruptura da Gran Colombia soñada por Bolívar.[3]

Diplomático en Centroeuropa e conspiración en Bolivia editar

Con todo, en 1822 foi nomeado axente diplomático ante as cortes de Francia, Países Baixos e Cidades da Liga Hanseáticas, con orde de tomar o carácter de enviado extraordinario e ministro plenipotenciario, chegado o caso do reconoñecemento da Gran Colombia ou da República de Colombia por aqueles gobernos.[4]

Viaxou a Lima en 1826 e, ao ano seguinte, López Méndez sumouse á conspiración do coronel José María Bustamante, oposto ao proxecto bolivariano de creación de Bolivia. En compañía de Bustamante e outros conspiradores chegou a Guayaquil e de alí pasou a Cuenca, en Ecuador, onde o oficial José Ramón Bravo, á fronte do batallón Rifles (conformado na súa maioría por mercenarios irlandeses que o mesmo contratara en Londres), reduciu a prisión a Bustamante e a corenta dos seus oficiais. López Méndez, director da imprenta dos conxurados, foi enviado prisioneiro a Bogotá.

Anos finais editar

Ao pouco tempo foi liberado e dirixiuse a Chile, onde morreu na poboación de Casablanca (Provincia de Valparaíso) en 1841. Os seus restos non puideron ser localizados. Na Praza Maior de Casablanca, colocouse en 1970 un monumento na súa honra.

Notas editar

  1. "Biografia de Luis López Méndez". www.biografiasyvidas.com. Consultado o 2022-04-02. 
  2. 2,0 2,1 "Memoria; Simón Bolívar cumplió exitosa gestión diplomática en Inglaterra en 1810". Correo del Orinoco (en castelán). 2016-07-16. Consultado o 2022-04-02. 
  3. Miño, Juan Paz y (2021-06-08). "La deuda externa de la Gran Colombia". LAPALABRABIERTA (en castelán). Consultado o 2022-04-02. 
  4. "López Méndez, Luis ; Fundación Empresas Polar". bibliofep.fundacionempresaspolar.org. Consultado o 2022-04-02. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fernández Larrain, Sergio. Luis López Méndez e Andrés Bello. Santiago de Chile: Separata do Boletín da Academia Chilena de la Historia, 1970
  • Mier, José M. «Misión de López Méndez en Londres y expedición de George Elsom 1817-1818". Bogotá: Kelly, 1971
  • Pi Sunyer, Carlos. «Patriotas americanos en Londres", Caracas: Monte Avila, 1978.
  • Rodríguez, Moisés Enrique. «Freedom's Mercenaries». Hamilton Books, 2006
  • Hasbrouck, Alfred. «Foreign Legionnaires in the Liberation of Spanish South America». Nova York:The Columbia University Press, Universidade Columbia.
  • Lambert, Eric. «Voluntarios Británicos e Irlandeses en la Gesta Bolivariana». Caracas. Corporación Venezolana de Guayana, 1981
  • Cuervo Márquez, Luís. «Independencia de las Colonias Hispano-Americanas. Participación de la Gran Bretaña y los Estados Unidos. Legión Británica» [1]
  • Mondolfi Gudat, Edgardo. «Luis López Méndez». Editorial CEC. ISBN: 980-388-588-X
  • Fernández, Tomás y Tamaro, Elena. «Biografia de Luis López Méndez». En Biografías y Vidas. La enciclopedia biográfica en línea. Barcelona, 2004.

Ligazóns externas editar