Luís II de Francia
Luís II de Francia, chamado o Tatexo (en francés: Louis II le Bègue), nado o 1 de novembro de 846 e finado en Compiègne en 879, foi un rei carolinxio, fillo máis vello de Carlos o Calvo. Foi rei de Aquitania desde o 867 e sucedeu ao seu pai como rei de Francia en 877[1].
Luís II de Francia | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1 de novembro de 846 |
Lugar de nacemento | valor descoñecido |
Falecemento | 10 de abril de 879 |
Lugar de falecemento | Compiègne |
Soterrado | Compiègne |
Ocupación | monarca |
Pai | Carlos II o Calvo |
Nai | Ermentruda de Orleáns |
Cónxuxe | Ansgarda de Borgonha e Adelaide de Paris |
Fillos | Luís III de Francia, Carlomán II, Carlos III de Francia, Ermentrude of France e Gisela der Franken |
Irmáns | Lothar the Lame, Carlos, a Criança, Carlomano, filho de Carlos, o Calvo, Drogo, Pepino, Carlos, Rothilde, Judite de Flandres, Ermentrude, Hildegarda, Gisla e Rotruda |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo do emperador Carlos II o Calvo e da súa muller Ermentruda de Orleáns, naceu o 1 de novembro de 846.
Revoltouse contra o seu pai en 862 e aliouse con Pipino II de Aquitania e cos bretóns rebeldes, pero foi rapidamente sometido e foi perdoado. Morto o seu irmán Carlos o Neno o 29 de decembro do 866, o seu pai designouno novo rei de Aquitania e coroouno a mediados de Coresma no 867 nun palacio real nas beiras do Loira chamado Bellus Pauliacus. Os señores de Aquitania recoñecérono e o seu pai dispuxo para o seu servizo varios oficiais, entre eles Bernardo Plantapilosa, conde de Auvernia, aínda que Luís permaneceu ao seu carón sen poder ir a Aquitania xa que non se fiaba.
Na asemblea de Servais na pascua de 872, Carlos o Calvo regulou, entre outras cousas, os asuntos do Reino de Aquitania e decidiu enviar a Luís ao reino e confiarlle a administración pero para se asegurar de que non faría nada conta el adxudicoulle un ministro de plena confianza do que dependía totalmente. Este posto foi conferido a Bosón de Vienne, o seu cuñado, que xa era duque de Lión, e ao que nomeou camareiro e mestre de uxieres (magister hostiariorum). Como pago deste traballo de confianza déuselle o condado de Bourges ou Berry, que antes fora propiedade dun tal Xerardo[2], pero ao que o rei Carlos desposuíra. Para a administración de Aquitania Bosón tivo como adxuntos a Bernardo de Gotia e a Bernardo Plantapilosa do condado de Autun aos que lle deu o condado de Auvernia (quizais debido á morte do fillo Guerino, conde como neto do último Bernardo I de Auvernia, cuxa filla e nai de Guerino era a esposa de Bernardo Plantapilosa, e Bernardo xa debía ser o rexente e administrador). Carlos enviou a Luís acompañado de Bosón a Bourges, a capital do reino.
Á morte do seu pai no 877, foi coroado rei dos francos, polo arcebispo Hincmaro de Reims o 8 de decembro de 877 en Compiègne, pero non emperador. No 878, pouco despois da súa coroación, aliouse con Bosón, conde de Vienne, e con Hugo, marqués de Neustria, conde de Tours, de Angers e de Auxerre, abade laico de Saint-Germain de Auxerre, de Saint-Julien de Auxerre, Saint-Aignan de Orléans, Saint-Riquier, Saint-Bertin, Saint-Martin de Tours, Saint-Vaast de Arras e Sainte-Colombe de Sens, e arcebispo de Colonia en 864, contra o rebelde Bernardo de Gotia a quen conseguiu someter. Bernardo foi privado das súas honras que lle foron dadas a outros nobres. Guifredo o Piloso, conde de Cerdaña e Urgell, recibiu os condados de Barcelona e Xirona (con Besalú), e o seu irmán Mirón o Vello, conde de Conflent, recibiu o Rosellón.
Luís II morreu en Compiègne o 10 de abril do 879 e sucedérono os seus dous fillos maiores.
FamiliaEditar
Nupcias e descendentesEditar
En 862 casou con Ansgarda de Borgoña coa que tivo dous fillos, Luís III de Francia e Carlomán II, e tres fillas Xisela, Hildegarda e Ermentruda.
Separado da súa muller, no 878 casou con Adelaida de Friúl, coa que tivo, postumamente, ao futuro Carlos III o Simple.
DevanceirosEditar
16. Pipino o Breve | ||||||||||||||||
8. Carlomagno | ||||||||||||||||
17. Bertrada de Laon | ||||||||||||||||
4. Luís I o Piadoso | ||||||||||||||||
9. Hildegarda | ||||||||||||||||
2. Carlos II o Calvo | ||||||||||||||||
10. Welf | ||||||||||||||||
5. Xudit de Baviera | ||||||||||||||||
11. Hedwig de Baviera | ||||||||||||||||
1. Luís II o Tatexo | ||||||||||||||||
6. Odón I de Orleáns | ||||||||||||||||
3. Ermentruda de Orleáns | ||||||||||||||||
NotasEditar
- ↑ Armengol, Montse (outubro 2012). "El fundador de la nissaga catalana" (núm. 121). Barcelona. ISSN 1695-2014.
- ↑ Non podería ser Xerardo de Auvernia morto en 841, e dificilmente Xerardo de Rosellón, retirado e morto uns dous anos despois con máis de 60 anos, se cadrar 70; no se puido identificar a súa familia
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luís II de Francia |
BibliografíaEditar
- Devic, Claude & Vaissette, Joseph (1872): Histoire générale de Languedoc (en francés). Tolosa: Editora Edouard Privat (Ver outras edicións en Google Books Vol. 1 (1840), Vol. 2 (1840), Vol. 3 (1841), Vol. 4 (1749), Vol. 5 (1842), Vol. 6 (1843), Vol. 7 (1843), Vol 8 (1844), Vol 9 (1845).