Luís Barreiro Paradela

mestre, xornalista escritor e debuxante galego

Luís Barreiro Paradela, nado en Santiago de Compostela o 17 de agosto de 1902 e finado en Madrid o 3 de xaneiro de 1976, foi un mestre, xornalista, escritor, debuxante e militar galego.

Modelo:BiografíaLuís Barreiro Paradela

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de agosto de 1902 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xaneiro de 1976 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, militar, mestre, xornalista Editar o valor en Wikidata

BNE: XX847420

Traxectoria

editar

Fillo de Rosa Paradela Varela e Antonio Barreiro Oleiro, dono este último dunha zapatería na Rúa do Vilar, 84 en Santiago de Compostela no ano 1896[1] e en adiante. En 1920 rematou a carreira de mestre na Escola Normal de Santiago de Compostela.[2] Foi mestre no Colexio de San Luis Gonzaga en Santiago de Compostela no curso 1921-22[3] ata o curso 1924-25. Alistado como voluntario no Rexemento de Infantaría de Zaragoza número 12, foi ascendido a cabo en maio de 1924,[4] a sarxento en outubro dese ano,[5] a suboficial en abril de 1925[6] e a alférez de complemento de Infantaría en xaneiro de 1926.[7] Despois foi mestre en Piloño (Vila de Cruces) e dende 1926 en Santo André de Vea (A Estrada). Estando de mestre en Santo André de Vea incorporouse ao Rexemento de Infantaría de Zaragoza para facer as prácticas de suboficial de complemento en abril de 1927.[8] Foi ascendido a tenente en novembro de 1929.[9] Colaborou en Vida Gallega e El Pueblo Gallego. Obtivo un accésit nos Xogos florais de Tui de 1925. En 1933 foi mestre na Academia Gelmírez de Santiago de Compostela.[10] Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, impartiu conferencias sobre temas culturais e pedagóxicos e en 1936 publicou Nova xeografía de Galicia prás escolas.[11] Concedéronlle a excedencia en xaneiro de 1936.[12]

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse ao exército como oficial de complemento e foi un dos defensores no consello de guerra aos membros do comité de defensa republicano de Santiago de Compostela,[13] e defedeu a varios republicanos de Vedra.[14] Tamén defendeu a republicanos asturianos en novembro de 1937.[15] Foi depurado como mestre e separado definitivamente do servizo en 1942.[16]

En 1947 publicouse o seu libro Novísimo método para la confección de mapas da editorial Miguel A. Salvatell de Barcelona. En 1954 publicouse o libro El Camino de Santiago pola editorial Ediciones Marius de Barcelona con debuxos a pluma do autor. Reingresou no maxisterio en 1966. Finou en Madrid o 3 de xaneiro de 1976.[17]

  • Nova xeografía de Galicia prás escolas. Publicaciones Actuales Gallegas, 1936. Ed. facsimil, Sálvora, 1980.
  • Novísimo método para la confección de mapas, 1947.
  • El Camino de Santiago, 1954.

Vida persoal

editar

Casou en Ourense con María Josefa García Couceiro en 1930,[18] e foi pai de Manuel Barreiro García.

  1. Anuncio na Gaceta de Galicia 8-10-1896, p.3.
  2. El Compostelano, 4-10-1920, p. 2.
  3. El Compostelano 12-09-1922, p. 3
  4. El Ideal Gallego, 11-5-1924, p. 5.
  5. El Ideal Gallego, 3-10-1924, p. 3.
  6. El Compostelano, 21-4-1925, p. 2.
  7. La Voz de Galicia, 22-1-1926, p. 2.
  8. El Noticiero Gallego, 25-4-1927, p. 3.
  9. El Pueblo Gallego, 7-11-1929, p. 8.
  10. El Compostelano, 28-9-1933, p. 1
  11. A educación en Galicia, 1669-1970.
  12. El Pueblo Gallego, 24-1-1936, p. 12.
  13. El Eco de Santiago, 19-11-1936, p. 3.
  14. El Compostelano, 17-4-1937, p. 2.
  15. "Mujeres condenadas a muerte en Gijón por los tribunales militares franquistas". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2021. Consultado o 10 de outubro de 2018. 
  16. El Compostelano, 28-3-1942, p. 2.
  17. Necrolóxica en ABC, 9-1-1976, p. 79
  18. El Compostelano, 31-5-1930, p. 2.