Loureiro real

especie de planta
Loureiro real
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Rosales
Familia: Rosaceae
Subfamilia: Spiraeoideae
Tribo: Amygdaleae
Xénero: Prunus
Subxénero: Cerasus
Sección: Laurocerasus
Especie: 'P. laurocerasus'
Nome binomial
'Prunus laurocerasus'
L.

O loureiro real, loureiro romano ou lauroceraso (Prunus laurocerasus), é unha especie de arbusto ou arboriña sempreverde do xénero Prunus de até 8 m de alto, pertencente á familia das rosáceas. Orixinario de Asia Menor, cultívase en zonas temperadas de Europa como planta ornamental, onde se naturalizou en moitas rexións, coma nalgunhas partes de Galicia. Xeralmente fica nun talle arbustivo por non se dar as condicións ecolóxicas axeitadas para un maior desenvolvemento. Adaptado a ecosistemas de laurisilva.

Flores do loureiro real (Prunus lauroceresus)
Froitos.

Aínda que xa o epíteto amosa a relación entre eles, cómpre non confundilo co loureiro, especie, en realidade, dun xénero (e orde) moi diferente.

Etimoloxía editar

O nome da especie laurocerasus, lauroceraso, vén da súa semellanza coas dúas árbores: loureiro (principalmente por ser unha especie perenne e de follaxe semellante) e cerdeira (polo froito, e por ser realmente un Prunus). O nome común en galego, loureiro real, tamén viría da semellanza co loureiro común.

Descrición editar

O loureiro real é un arbusto perenne que vai dos 5 até os 15 m. de altura. Follas brillantes, ovais e coriáceas de cor verde escuro que miden uns 10 cm de lonxitude e uns 6 de ancho co bordo lixeiramente serrado. As follas poden desprender recendo a améndoas cando se gretan. Os gomos das flores aparecen na primavera, e abren a comezos do verán en acios axilares erectos de 7–15 cm cunhas 30-40 flores. Cada flor aromática mide un cm de diámetro co cinco pétalos cor crema-abrancazada. O froito, a lorbaga[1] (< lat. lauri baca), é unha drupa semellante a unha cereixa dun cm de diámetro agrupada en acios, que se torna negra a comezos do outono. A diferenza do resto da planta, que é velenosa, as drupas son comestíbeis, aínda que máis macias e un chisco secas en comparación con outras especies do xénero Prunus. Porén, as sementes contidas nas bagas si son velenosas.[2][3][4]

Propiedades dos froitos editar

O froito inserido pode causar severo desconforto en humanos.[5]

Taxonomía editar

Prunus laurocerasus foi descrita por Carlo von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 474, no ano 1753.[6][7]

Sinonimia

Cultivo editar

O loureiro real cultívase moito como planta ornamental, en parques e xardíns das zonas temperadas do mundo. Tamén é común que se empregue para facer sebes e pantallas. A maioría dos cultivares son arbustos resistentes que resisten ben as condicións de sombra ou seca, e que responden ben á poda.

Cultivares editar

Téñense seleccionado máis de 40 cultivares, incluíndo:

  • 'Aureovariegata', variegada, follas co bordo amarelo.
  • 'Magnifolia', vigorosa, con grandes follas de até 30-cm de longo e 11 cm de largo.
  • 'Otto Luyken', anana, con follas miúdas duns 10 cm de long oe 2-3 c de largo. *'Zabeliana', seleccionada pola tolerancia ao frío invernal.

Especie invasora editar

 
Flores do loureiro real (Prunus laurocerasus)

É unha especie que se naturaliza a miúdo e de xeito doado. En Galicia tense naturalizada en moitas comarcas, especialmente nas máis húmidas do norte do país. Nalgunhas rexións (coma no Reino Unido e o noroeste de América do norte), xa se considera planta invasora.[8] O seu rápido crecemento, combinado coa súa follaxe sempreverde, e a súa tolerancia a condicións estresantes, fan competira o loureiro real coa vexetación autóctona, desprazándoa. Os paxaros facilitan o espallamento das sementes.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lorbaga.
  2. "Poisonous Plants: Prunus Laurocerasus". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2007. Consultado o 01 de setembro de 2012. 
  3. Rushforth, K. (1999). Trees of Britain and Europe. Collins ISBN 0-00-220013-9.
  4. Flora of NW Europe: Prunus laurocerasus Arquivado 14 de maio de 2008 en Wayback Machine.
  5. RHS A-Z encyclopedia of garden plants. United Kingdom: Dorling Kindersley. 2008. p. 1136. ISBN 1405332964. 
  6. Loureiro real en Trópicos
  7. Loureiro real en PlantList/
  8. "Evergreen.ca Invasive Plant Profile" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de febreiro de 2007. Consultado o 21 de febreiro de 2007. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  1. Anonymous. 1986. List-Based Rec., Soil Conserv. Serv., U.S.D.A. Database of the U.S.D.A., Beltsville.
  2. Cronquist, A. J., N. H. Holmgren & P. K. Holmgren. 1997. Vascular Plants of the Intermountain West, U.S.A., subclass Rosidae (except Fabales). 3A: 1–446. In A. J. Cronquist, A. H. Holmgren, N. H. Holmgren, J. L. Reveal & P. K. Holmgren (eds.) Intermount. Fl.. Hafner Pub. Co., Nova York.
  3. Zuloaga, F. O., O. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Catálogo de las Plantas Vasculares del Cono Sur (Argentina, Sur do Brasil, Chile, Paraguay y Uruguay). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107(1): i–xcvi, 1–983; 107(2): i–xx, 985–2286; 107(3): i–xxi, 2287–3348.

Ligazóns externas editar